lunes, 4 de marzo de 2013

9/52

Z :: 9/52

L :: 9/52

B :: 9/52

Z: Comezaches a comer as unllas este curso pouco despois de comezar o cole. Esta fin de semana asustácheste porque as mordiches tanto que fixeches ferida en dous dedos e dixeches que non as ías comer nunca máis. Ogalla o cole non fixese que os nenos e nenas morderan as unllas...

L: Nunca pegas o teléfono á orella cando falas por el, e se non poñemos o mans libres dis que non se escoita e non queres falar.

B: Moitas novidades esta semana:
- Sentámoste (ou máis ben deitámoste) na trona por primeira vez para poder cortar a carne mentres comiamos. As túas irmás pediron que te puxeramos entre elas para terte ó carón e poderte coidar.
- Onte fun limparte baixo o queixo o que botaras e rícheste. Sobresalteime ó primeiro porque non o agardaba. Dende aquela todos intentamos que o reproduzas, pero igual foi só unha ilusión... ou non che sabemos atopar as cóxegas.
- Descubriches a túa imaxe no espello e sorrícheste :)

7 comentarios:

  1. Me gusta mucho conocerlos a través de tu mirada, con este proyecto aún más. Se os quiere, tartarouchiños!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. PD. Te leo en galego y ya comprendo muchas cosas aunque aún no puedo escribir. Espero hacerlo un día, eh?

      Eliminar
    2. Atrévete Rosa, calquera día aquí entre nós ;) Eu fago intentos co catalán, digo dúas palabras en catalán e 7 en castelán, pero gústame intentalo :)

      Eliminar
  2. Que suerte tenemos de poder ver como se desarollan estas personitas... Tener hijos es un regalo.

    ResponderEliminar
  3. me encanta este reporte semanal que haces de tus chicos :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E a min, Eva, gústame ter unha obriga pequeniña cada semana e da que podo sacar algo bonito a final de ano :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir