miércoles, 20 de febrero de 2013

Gnomos e mouchos

Os gnomos encántanme. "David el gnomo" eran os meus debuxos preferidos de pequena (seguidos por "Érase una vez la vida" e "Rainbow brite", quen non quixo algunha vez un cabalo branco coas crines arco da vella? :D), en realidade penso que seguen a ser os meus debuxos favoritos, coidando a natureza e axudando a curar animais... aínda lembro o álbume de cromos... non sei se cheguei a ter algunha colección máis de cromos, pero desta non me esquezo, mágoa non ter o álbume xa...

O outro día nunha tenda de teas da cidade atopei unha tea de gnomos! Merqueina, e tiven que facer algo con ela. Tiven moita sorte porque levei o último anaco e non sei se a volverán ter. Encántame. Non se parecen a David, pero son gnomos.
Logo vin outra de mouchos, e non podía deixar de facer algo para o que parece que será con seguridade un Mouchiño pequeno, do moito que se parece ó Moucho grande.

Sempre temos que ter un trapiño preto do B. para limpar cando o leite non queda dentro, así que ocorréuseme facer unhas toalliñas para limparlle cando regurxita, ou para poñer para evitar accidentes cando se lles cambia o cueiro, ou para levar a xinasia cando sexa máis grande e vaia o cole,... un proxecto sinxeliño para facer agora que só teño ratiños pequenos para coser.

mouchos

gnomos

mouchiño e mouchos

pequeno

A que son bonitos? Os tres :)




8 comentarios:

  1. Que lindas teas!! e o mouchiño tamén está guapísimo. E a que non sabes que?? Eu tiña a boneca Rainbow brite e o cabalo taméeeeeeeen....e mágoa que os fun regalando todos aos pequechos que foron nacendo na famillia, como eu era a grande pois...xa ves...agora encantariamos telos. BUeno, si gardei e Icía cando era pequecha xogaba con el, un dauqles marcianiños amigos da nena con antenas de strela e pernsa de cores, pero un día pola rúa caeulle sen nos decatar e...perdémolo. Menudo disgusto (ela e mais eu claro!). Que recordos da infancia non?? Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ohhhhh, que perda! Que fastidio! Un dos meus curmáns tiña un desfrace de monequiño deses das antenas, en vermello. Un ano meu irmán pequeno desfrazouse con el :)
      Eu cada vez tendo máis a m¡pensar en cousas da infancia, non sei se porque as nenas mas recordan ou se é porque me fago vella :DD

      Eliminar
  2. A mi tambien me gustaba mucho David el Gnomo pero Willy Fog era mi prefe, bueno más bien Tico y Rigodón :D
    Las toallitas están monisimas pero el mochueliño más!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aquí estoy, soy Rigodón, yo tico el campeóoooon. ♪ ♫ ♬
      Yo soy Romi, dulce y fiel, y vivo enamoradaa de él! ♪ ♫ ♬

      :D
      Yo a estos los pondría emparejados con Sherlock Holmes, los veía, pero no eran de mis preferidos :)

      Eliminar
  3. Teño muchas ganas de volver a ver a serie de Érase una vez la vida, o Érase una vez el hombre. Recordo explicacións sobre o corpo humán que hoxe en día aínda me serven. Quizáis as teño un pouco idealizadas e me decepcionan...
    David el Gnomo era delicioso tamén, e iso que a min xa me pillou un pouco grande e a maxia se ía desvanecendo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A mín Érase una vez la vida ségueme a sorprender, tén explicacións dificilísimas feitas de maneira que son sinxelas, cando tés máis coñecementos ves o ben feitos que están, as nenas venos. A do home xa non me gustaba tanto e agora pásame o mesmo, son moito máis políticamente incorrectos, danlles latigazos ós escravos,... non sei, igual para máis grandes e con comentarios paternos/maternos.

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir