jueves, 7 de febrero de 2013

Avances da mantiña

Esta fin de semana, sentada no sofá e tecendo, pensando nos mil proxectos que se me pasan pola cabeza e non teño tempo nin mans para facer tomei unha determinación: rematar a mantiña de restos e facer o calcetín que me falta dun par antes de comezar outra cousa (o por que o luns merquei la para facer unha chaqueta e máis un irresistible novelo de calcetíns coas cores do arco da vella imos deixalo para outro día, si?).

E a mantiña vai tal que así:

mantiña de restos

Como vedes hai unha zona ó principio cheíña de fíos para rematar, e mentres ía calcetando ía pensando que cando a manta estivese rematada tería que coser todos eses fíos... e entón decidín que se era unha manta de restos, se as cores e os tamaños das raias eran aleatorios, ben podía cambiar de cor no medio dunha volta e non no extremo, e así evitábame ter que reatar todo iso ó final. O único que pasa é que non son iguais os dous extremos da manta, o cal creo que lle vai moi ben ó espírito deste tecido (o que se di unha por evitar eses fíos ;) )

metades diferentes

Outra das cousas boas de ir collendo cores sen pensar é que xorden combinacións bonitas, ou que funcionan para a miña cabeza, aínda que non sei moi ben se sería quen de reproducilas fora de aquí.
combo1

combo2

combo3

combo4

Isto das cores vése mellor en directo, xa sabedes, pero aínda así queríavos amosar os meus anaquiños favoritos.

Agora ten de longo un metro e uns vinte centímetros. Cando comecei crin que chegaría con un metro e medio, pero agora vexo que vai quedar moi cadrada con esa lonxitude, así que creo que seguirei ata que vaia vendo ou ata que quede sen restos... e a ver como queda o que falta porque teño un exceso de azul claro que non sei como vou manexar para que non domine demasiado... xa vos amosarei.

Por certo, que pensei facerlle un borde de icord todo ó redor, pero non sei se lle restará flexibilidade (xa sabedes o que estira o punto bobo cara todos lados e non me gusta nada cando o marco estira menos), para a próxima penso facer un cordón de remate nos lados segundo vaia tecendo, deixando os tres últimos puntos sen traballar en cada volta e calcetándoos o principio da volta seguinte...

Se queredes seguir os avances están no proxecto de ravelry aquí.


4 comentarios:

  1. Ohhhh...Raquel, es preciosa! Y me encanta cómo vas resolviendo cuestiones sobre la marcha, haciendo y aprendiendo. Eso me encanta!. Me voy a raverly a ver cómo sigue la cosa. Besos.

    ResponderEliminar
  2. Que rápido traballas! Cando leo falar aos que sabedes disto de patróns, e raverly e cousas así, decátome do pouco que sei de tecer...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ai, Montse, se ti souberas as tecedoras que nos rodean... eu non avanzo nada! :)
      Seguir patróns para min non é moito saber, saber é cando podes crear cousas sen ter que seguir instrucións de ninguén, pero como todo, moito é prática, canto máis teces e máis patróns segues máis técnicas coñeces e aprendes,... ó mellor chega un día no que eu tamén podo crear prendas menos sinxelas sen seguir un patrón. Todo é poñerse. e ti no teu es unha mestra :)

      Eliminar
  3. Está quedando preciosa! :) Eu tamén me vou ó ravelry a comentarche por alí.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir