lunes, 25 de febrero de 2013

8/52

Z :: 8/52

L :: 8/52

B :: 8/52

Z: Cada día teño que pedirche que poñas unha pinza ou unha diadema para quitar ese pelo de diante dos ollos. Lembro que miña nai e miña avoa andaban a dicirme o mesmo de pequena... é inevitable, convertinme en nai :)
Ou é inevitable, paréceste algo a min? :)

L: Levabas moito tempo sen xogar xa con bebés, pero é curioso ver como dende que estiven embarazada os xogos sempre inclúen bebés dalgún tipo, e mesmovolvedes dar teta ós bonecos e xogades a ter bebés na barriga, sobre todo ti. O outro día pedíchesme a miña bandoleira, como era moi grande díxenche que ó día seguinte podiamos ver de facer unha para ti. Non se che esqueceu. Cunha camiseta cortada improvisamos esta para levar ós teus bonecos.
 
B: Un sitio onde consigo que quedes durmido, ademáis de no carriño, sen estar pegado a min é este puff. Antes era un dos sitios preferidos de Olivia, agora compartídelo.

Tartarouchos :: 2/12

Tartarouchos: recén levantados o domingo, aínda sen quitar as lagañas. Pensara durante a semana en facer esta foto, pero o Moucho adoita erguerse moi cedo cando os demáis aínda durmimos, así que desbotara a idea, pero esta finde tivo garda e unha saída nocturna que obrou a milagre de que a esas horas aínda estivese na cama.

PD: Non sei que pasou esta semana, de súpeto atopei que escribira os comentarios das fotos dirixidas a eles... se saíu así será por algo :)

10 comentarios:

  1. Notara o cambio de interlocutores e pensei que era premeditado, mola.
    Molades.
    :o***

    ResponderEliminar
  2. beautiful pictures! i love the one with the cat and the baby. my cat won't get close to the baby, she is afraid of him :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ours is an expert after three babies. She knows she can be near while the little human can't move... then she disappears for a year or so :D

      Eliminar
  3. Jorge también se queda embarazado y da teta. Faltaría más!! Y eso que no hay bebés en camino... :)
    Me gustan las 3. La de L, mucho, mucho.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estas lo hacían mucho cuando eran peques, pero ahora hacía tiempo que se les había pasado esa fase y la han retomado con fuerza :)

      Eliminar
  4. Ola Tartarouchos!

    Xa había ben tempo que non andaba por aquí. Coñecinvos a través da amiga Rosana, e hoxe vexo que estades moi guap@s e cunha nova incorporación! Parabéns!

    Unha vez máis tamén disfruto das preciosas fotos, e xórdeme unha curiosidade: que modelo de cámara usades? Ando pensando en mercar unha nova e non me viría mal o consello, agora que a miña pequena é obxecto de case tódolos meus disparos ;-)

    Un bico,
    Alexandra

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola! Grazas pola visitiña!

      Eu teño unha réflex, canon eos 450d, é un modelo antiguo xa,... agora hainas ben mellores. E teño varios obxectivos porque tiña unha réflex analóxica e aproveiteinos, pero os que máis uso son o 50mm 1.8 e recentemente o 28mm 1.8 para ter máis ángulo dentro da casa.
      De todas maneias eu diríache que o pensaras ben, as reflex hoxe están baratas, pero pesan e estorban para saír de casa, por exemplo, ó final a maioría da xente que coñezo que a ten só a usa para festas ou saídas específicas, é algo a ter en conta.
      Mira, mellor mándoche xunto destas rapazas, que o explican moi ben :)

      http://rebevacapturandomomentos.blogspot.com.es/2011/11/equipate-que-tipo-de-camara-me-conviene.html

      Bicos!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir