martes, 5 de febrero de 2013

5/52

Z :: 5/52

L :: 5/52

B :: 5/52

Z: Moi poucas veces viste saia entre semana para ir ó cole, as fins de semana pregunta se imos saír algures e se a resposta é non escolle medias e saia. Ela explica que así pode poñelas porque non ten frío. E logo bota o día xogando fora coa auga, as pitas, a lama,...

O longo e a forma desta saia fanme ver unha mestura entre señoriña e señorita que me gusta :)

L: Pasa a metade do día debuxando e escribindo, sempre os mesmos nomes, os nosos, case nunca o dela, e ás veces improvisando, escribindo letras ó chou para logo preguntar que pon e afirmar con sorriso que iso era o que ela quería poñer, por moi impronunciable que sexa. Moi poucas veces copia algo ó carón de onde estaba escrito no mesmo papel.
Aquí, unha maña, debuxando coas luvas postas dentro da casa a festa de cumpremeses do B, chea de bandeirolas.

B: Esta semana fixo dous meses. Agora os sorrisos multiplicáronse e tamén o tempo que pasa esperto e tranquilo ou durmindo sen estar pegado a min. Un par de veces esta semana unha vez ó día... un gran cambio aínda que non o pareza.

Derrétome con ese sorriso de medio lado chiscando un ollo e con ese gritiño que fai xusto antes de meter a teta na boca e que semella dicir: xa era hora!

3 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir