jueves, 14 de febrero de 2013

33

sesión de beleza
(foto do Moucho)

33 

no colo

sesión dobre

soprando 33 candeas
(foto do avó Tito)

Non será recordado polo mellor aniversario da miña vida: en domingo e sen estar todos xuntos, no entroido e sen desfrazarnos, puérpera e sen nenas,... elas pasárono ben, e iso é o que queremos os que as queremos.

Pasei o día cos meus dous homiños, ós que quero tanto. Pola mañá sesión de perruquería a cargo do Moucho, con crista incluída; pola tarde sofá, calceta, teta e coliño; á noitiña sesión dobre de cine co meu amor máis vello e co máis novo.

A celebración agardou por nós ata a chegada das Tartarouchas, a tarta (recente descubrimento tamén grazas a Arantxa por non lle mesturar as capas) tivo candeas que sumaban 33 (incluída algunha desas inapagables que tantos lles gustan).

Agora si, a celebración foi completa. Grazas Tartarouchos :)

9 comentarios:

  1. Raquel, te deseo que tus 33 vengan llenos de cosas bonitas, de momentos especiales. Tantos como los que tú nos regalas cada día. Felicidades!

    ResponderEliminar
  2. Sempre vexo ás mulleres cortándolles o pelo aos homes (incluida eu) pero nunca ao revés. Sorte que tés!
    Non pareceu un mal aniversario, de todos os xeitos...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jeje, a min cortoume o pelo varias veces o meu marido, ata que nunha desas esqueceu poñerlle o peite á maquiniña depois de limpalo... e antes de seguir co corte
      Hai homes que corrtan o pelo, si, e outros que non deberían telo feito nunca XDDDDD

      Eliminar
    2. Seguroq eu tén que ver con que as mulleres habitualmente somos máis esixentes cos peiteados,... a min como non me pase como a Aivou :D De feito estou mirando seguido cando para para asegurarme de que o peite está ben posto! :D

      E non foi tan malo, foi o meu ánimo, xa sabes, ás veces non vemos o que hai senón o que falta :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir