jueves, 31 de enero de 2013

Semellanzas

Por fin xa non lle queda enorme este pixamiña. É dun conxunto de dous que mercara antes de nacer a Z. Gústanme porque non teñen as cores típicas de bebés, porque teñen raias e porque son de toalla e non de terciopelo... un pouco diferentes. O caso é que o outro día pola noite púxenllo, estaba no sofá con el no colo, mirei para o moble que tiña ó lado e tiven que pedirlle ó papá Moucho que por favor lle fixera unha foto ó B. antes de que calquera incidente con sustancias corporales nos fixera ter que cambialo.

B

B 2

Z

B 3

Pola mañá antes de ter que cambialo aínda fixen algunha foto máis con luz natural.
A min o dos parecidos dáseme bastante mal, de fisonomista non teño nada, pero creo que se pode deducir fácilmente que o B. e a Z. son irmáns, non?

B vs. Z


4 comentarios:

  1. Ostras, e tanto :-O

    E guapos guapos os dous...

    ResponderEliminar
  2. Danse un xeito si. Cambia algo a cor dos ollos pero non se sabe aínda como será a definitiva de B.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hei buscar algunha foto da Z onde se lle vexan os ollos... a ver se consigo que se vexan ó dixitalizala, pero tívoos como os do B. ata os 9 meses ou así.

      Eliminar
  3. Pois si, pois si... Eu pensaba que as dúas fotos eran del e dicíame "como lle deu tempo a imprimila?". Igualiños...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir