viernes, 1 de febrero de 2013

Remendando con corazóns

Eu non son fan dos corazóns, o mesmo ca o rosa non estaban estre os meus gustos hai uns anos, pero a maternidade (con nenas) tén estas cousas, cousas boas porque aínda que sigo sen ser unha gran fan xa non me causan repulsión ;)

O caso é que unha veciña nos dera un lote de roupa e viña este xersei nel, cunha manchiña imborrable no medio na parte dianteira.

a mancha
Así que me puxen a pensar como podía tapala e entón decateime das cores que tiñan os tres botóns, as mesmas tres cores que usara para tecer un tercio da mantiña que agasallamos a Roi entre Tecelá, Rasta e máis eu, e das que me quedaran restos. E ademáis eses botóns tiñan forma de corazón... e vira había pouco como Arantxa enfeitara un dos seus pantalóns cun corazón de ganchillo coma estes, que para máis casualidade tiñan tres andares, así que se podían facer en tres tamaños.

Aí estaba a solución: tres corazóns de ganchillo cada un dun tamaño e nas mesmas cores ca os botóns tamén de corazón. 

con corazóns

Ás veces haiche casualidades... :)


4 comentarios:

  1. Qué bonito quedou, faime moita ilusión que te inspirara ;-), a tí que sempre inspiras ás demáis.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non foi a única vez, o brownie ese de tarta de queixo é a miña perdición (e porque non fixen aqueles fritos da outra vez...) :)

      Bicos!

      Eliminar
  2. E ás veces, ainda que nos neguemos a algunha forma ou cor, son eles os que nos persiguen, non si?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois semella que si, eu entre o rosa e os corazóns... e hanme acabar gustando, sabes? :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir