jueves, 10 de enero de 2013

Aproveitando

O outro día vin no blogue de Cousas pequenas que Esther estaba a buscar un proxecto que facer cos puños e pescozos das camisas reaproveitadas, e lembreime disto que fixen un día nun momento de inspiración e que creo que non cheguei a compartir convosco, así que aí os van.

Os pescozos non os aproveitei (se cadra podo agardar a ver que fai Esther con eles ;) ) pero cos puños e nun momentiño fixen unha chea de servilleteiros para os convidados. Na casa usamos sempre servilletas de tea, moitas veces os convidados non queren, sobre todo cando veñen só facer unha comida, e a verdade é que non insisto porque ás veces non sei se é por non molestar ou porque non están cómodos usando servilletas de tea, pero hai outros cos que temos confianza e podemos poñer servilletas das nosas sen problema, e agora se quedan a máis dunha comida xa teñen como identificar a súa :)

servilleteiros

A cousa é sinxela, xa vedes: corteinos un pouco do lado onde estaba o botón para acurtalos e que apretaran as servilletas, rematei ese extremo cun punto de overlock da máquina, nalgúns recortei ó redor porque estaban máis gastados e fixen o mesmo. E logo, volvín coser os botóns, aproveitando para cambialos e identificar mellor os servilleteiros, sobre todo nos puños da mesma camisa. E fin.

Sinxeliño e resultón :)

Temos unha chea deles e unha chea de puños aínda sen aproveitar... terei que lles buscar outro uso ou regalalos, alguén quere un servilleteiro? :)

Nota: Acábaseme de ocorrer: irán de agasallo coas cousiñas da tenda Da Tartaruga, así que se mercades algo de agasallo vai un servilleteiro (ata fin de existencias ;) ), e como estamos en época de rebaixas, pois imos rebaixar... se metedes o código REBAIXAS13 teredes un 15% de desconto no prezo.

1 comentario:

  1. Pois xa é unha boa idea para facer! Coido que os teus puños son mais bonitos cos meus, todos de cadros azuís...A ver si por Maio, que é cando me toca facer algo cos puños e pescozos, ocorreuseme algo mais e compartimos ideas!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir