miércoles, 23 de enero de 2013

Agasallos para bebés

Ó longo deste embarazo pensaba que non tería barrigas para compartir, pero non sei como houbo un boom de bebés, dous deles, igual ca o noso B., foron os terceiros da súa familia.

Apeteceume facer algo para eles, pero non me vía con forzas de facer algo grande para cada un, xa vedes que nin sequera tecín nada para o B ata o derradeiro mes, pero ocórreuseme algo sinxeliño, aproveitando restos de algodón e ademáis o resultado gustoume moito: uns axóuxeres.

axóuxere

Acompañados duns saquiños de lavanda...

set 1

set 3

Houbo un agasallo diferente, aproveitei unha saia que tecera hai tempo e que é tan sinxeliña que pode aproveitarse como chapeu cando son máis grandes.

set 2

Non seguín patrón ningún apra ningunha das cousas, así que todos son un chisco diferentes.

Falta outro máis ó que non lle fixen foto... e así Mariña, Adrià, María, Abril e o noso B., claro, tiveron un mini agasallo.

Pensei facer algúns para a tenda, pero a produción quedou parada despois destes, a ver cando podo retomala. Gústanvos?

NOTA: Gústame pinterest e gústame pinnear cousas, pero non me decatara ata hai pouco de que as imaxes do meu blogue, ó estar privadas no flickr, non se podían poñer nos taboleiros do pinterest. Vou intentar que a partires de agora haxa polo menos unha foto significativa en cada post que poida colgarse no pinterest. Se nalgunha entrada se me esquece e queredes poñer algunha das imaxes dicídemo, vale?


4 comentarios:

  1. Preciosos todos os regaliños. Ese doble uso da saia está moi ben. Eu uso unha qe teño como bufanda-cuello.
    E os axóuxeres, que teñen dentro?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. grazas Montse. Vaiche facer gracia, dentro teñen bolas de gato :) Desas que levan un axóuxere dentro

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir