lunes, 21 de enero de 2013

3/52

Un retrato á semana de cada un dos Tartarouchos durante o 2013.

Z :: 3/52

L :: 3/52

B :: 3/52

Z: O momento do xantar non é dos seus favoritos, e menos se hai carne con óso, ó contrario que a irmá. Polo menos desta vez, compartido coa tía Lu e máis Alejandro, lévase mellor.

L: A miña pequena rosa estrea mirada.As lentes son rosas, non podía ser doutro xeito, e está guapísima, coma sempre

B: Envolto na mantiña agasallo das leriantas. Primeiros sorrisos correspondidos e primeiros "gorgoritos" :)

Nota: Non me decatei cando comecei nas vacacións de que ata que medren os días vai ser difícil facerlle fotos á Z con luz natural... outra razón máis pola que non me gusta a escola... :-/

Nota 2: Hai moitos proxectos de 52 semanas de fotos dos pequenos, entre eles e na nosa terriña o de Marta e o de Eva, pero xusto os días antes de comezar, cando xa decidira facer este proxecto atopeime de casualidade con estoutro blogue, o de Ché and Fidel e gustoume o formato: foto e pequeno texto. A final de ano terei un bonito resumo de fotos e palabras de cada un dos Tartarouchos, igual ata podo facer un libriño... :)


8 comentarios:

  1. Ohhhh, non sabía o das lentes da L, pero si, está preciosa (están todos preciosos :o***)

    ResponderEliminar
  2. Pero que guapos están. Hoxe as miñas palabras van dedicadas especialmente á nova mirada de Lagoa...está xenial!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Está, e ela encantada ademáis o que facilitou moito as cousas :)

      Eliminar
  3. Ohhh, me encanta, que guapos estan. Y B. está monísimo en esa foto :)

    ResponderEliminar
  4. Ainda que en silencio, sigo o teu proxecto dos retratos. Gústame, porque é un xeito de darlle importancia a eses pequenos momentos que, por suceder todos os días, case non reparamos en eles.
    Bonito ver como crecen os pequechos. Sobre todo ao pensar que o B hai uns meses non existía...
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Montse, eu tamén sigo a lerte, pero o de comentar fáiseme máis difícil.

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir