jueves, 3 de enero de 2013

2013

Xa está aquí o novo ano, fíxome gracia cando o outro día vin por primeira vez que era o ano 2012+1. Nin se me pasara pola cabeza, pero en canto vin iso o meu cerebro quedou xa suxestionado, seino porque o seguinte que lin no reader foi o comezo dalgunha entrada dun blogue que dicía algo así como que este ía ser un ano complicado porque comezaba en martes, e aí aparecían os puntos suspensivos, se quería seguir lendo a entrada tiña que pinchar nela para ler o texto completo. Pero o meu cerebro suxestionado e puérpero pensou: "e logo será que comeza en martes e trece?" :D
Anécdotas a parte non podo evitar facer propósitos agora que comeza un novo ciclo...

O propósito fotográfico do ano pasado, de saír en máis fotos familiares cumpliuse a medias, sigo sendo galvana e o de montar o trípode e facer sitio para as fotos cústame moito, dáme a sensación de que cando teña todo montado non me vai dar tempo e hei ter que desmantelar todo antes de facer as fotos. Aínda así salveime grazas a unhas cantas fotos durante o embarazo ás que se sumaron as tartarouchas.
O deste ano agardo cumplilo (como todos os principios de ano, claro :) ) e será facer 52 fotos de cada un dos Tartarouchos, unha por semana. Intentarei publicalas nunha entrada do blogue cada semana... pode ser que os luns? Ou se cadra estou concretando demasiado... xa veremos. A alguén lle apetece sumarse? Un retrato por semana... pode ser un bonito final de ano facendo un libriño con cada un deles sen ter que escoller ás presas que fotos poñer no último mes (este ano aínda teño os calendarios sen facer e non escollín unha soa foto do taco que fago cada ano... :-/, debería ser outro propósito, este e máis facer limpeza de fotos...)
Intentarei ademáis seguir saíndo nas fotos con eles, pero nisto non me comprometo a facer unha foto por semana... a ver o que pasa ó final.


En canto á costura teño en mente un novo quilt, pero non sei cando poderei comezar... o B. semella do estilo da Z., coido que vou ter que tirar moito de portabebés para poder facer as cusiñas de diario, así que a ver cando cambiamos de ritmo por aquí (e tereime que afacer de novo a teclear cunha man como agora :) ).

De calceta só me propoño rematar o comezado, e de momento é esa manta de restos que vai xa pola metade e máis a de hexágonos de ganchillo.

E ademáis gustaríame darlle un lavado de cara ó blogue, que ó pobriño, agás publicar entradas non lle fago nada dende hai moito tempo e vaille facendo falla... xa veremos, porque ó mesmo tempo dáme mágoa... ata desas cousas se encariña unha por aquí...

E non podo deixar de pensar nas iniciativas que xorden de entre as amigas: viaxes, libros, negocios,... xa vos contarei se elas me deixan, xa, porque todos van ser grandes aventuras, este vai ser un bo ano, sen dúbida :)

De momento vouvos falar só da iniciativa da nosa amiga Sabela e a súa familia de Mochiliñas dos que vos temos falado noutras ocasións. Desta vez é unha Cestiña de cores chea de cousas bonitas e feitas a man, na que colaborei facendo un estoxiño e que sortean por unha boa causa... visitádeos e animádevos a botar unha man se vos parece.

Hoxe é tamén un día especial para o bisavó Sindo, así mandamos forzas dende aquí para que vaia todo mellor :)

bisavós

E coido que máis nada... que temos que irnos afacendo a esta nova situación de familia de cinco.

3 irmáns

Vós tendes propósitos para este ano novo?


4 comentarios:

  1. Pois eu estaba dandolle voltas a un 52 semanas tamén, pero vexo moi duro o dos retratos e pensaba facelo do cotiá, pero engadindolle banda sonora. Vas a poñelas en flickr? ou directamente no blog? se te animas podemos facer un grupiño e convidar a mais motivadas! ;)
    Moi bo ano nov, sexa o numero que sexa familia!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois si, claro, en flickr van sempre aínda que non estean á vista :)
      A verdade é que este ano apenas toquei o flickr e agora véxome bastante desorientada en que poderei facer ou non, pero a conta gratuita está sempre aí, así que por min perfeto ese grupiño de 52 semanas :)

      Eliminar
  2. Ay, Raquel, creo que el propósito de este año que empieza va a ser no tener propósitos. Ir haciendo poco a poco, ir avanzando despacito y bueno, disfrutar y agradecer mucho mucho lo que voy consiguiendo. No sé, voy a probar.
    Tu familia de cinco rebosa ternura, me encanta ver a Z. como se mira al hermano. Feliz año Tartarouchos!

    ResponderEliminar
  3. Oh Raquel! Moitas grazas por citar e animarnos a colaborar coa "Cestiña de Cores". Que sexa un 2013 moi feliz e cheo de cousas boas para todos vós. Biquiños!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir