domingo, 11 de noviembre de 2012

Uns calcetíns e un par de gorros

Xa, dixen que non ía facer máis nada ata que acabara os meus UFO's, pero xa se sabe...

O outro día rebuscando no cesto das las apareceu unha bolsa na que había entre outras cousas un calcetín que fixera hai anos coa idea de que fose quentiña coas katiuskas. Feito cun acrílico reutilizado duns quentadores que me fixera a avoa Olga hai anos. A L. viuno, probouno e resultou valerlle, e ademáis era do máis divertido o que esvaraba o calcetín polo piso. Lembroume a uns mellizos que viñan na miña clase cando eramos pequeniños, despois marcharan do cole, o caso é que tiñamos que levar zapatillas co piso de goma para xinasia e eles levaban unhas pantuflas de la que lles fixera súa avoa... os pobres caían sempre ó chan do que esvaraban as pantuflas no parqué.

Total, que como tiña aínda gardado algo do acrílico aquel pois fíxenlle a parella para que vaia quentiña coas súas katiuskas... ou para que esvare polo piso.

kaiuskeiros

katiuskeiros 2

Despois fun por enésima vez nun mes á tenda de las buscar unhas cores que me faltaban da mantiña de hexágonos e que a muller me dixera que buscaría na trastenda durante unha fin de semana porque eran de verán e agora tíñaas gardadas. O caso é que cando fun díxome que non as buscara, e que non as ía buscar porque se non estaban á vista íanlle dar moito traballo, así que quedei sen as cores que me faltaban e fun polo resto de tendas da cidade buscando por se acaso as tiveran. E así foi como descubrín que unha delas está liquidando e vai pechar, e claro, merquei un par de novelos, coa idea de facer un gorro para min, pero logo pensei que eu xa tiña gorros dos outros anos, e non ía medrarme a cabeza, e que igual cos dous novelos podía facer un para cada unha das Tartarouchas, así que nun par de horiñas por gorro xa os tiña.

Primeiro fixen o da Z.
gorro Z
 
e quedei todo o día cismando en que era curto, pero aínda así púxenme co da L.
 
gorro L perfil
 
8.nov.2012: gorro novo! / gorro nuevo! / new hat!
 
O patrón é o Teo Hat, e gústame moito como queda o pirulo de arriba, para min parece unha gnomiña, ela di que é unha bruxa :) Algunhas notas máis no proxecto en ravelry.

Logo retomei o da Z. a ver que podía amañar coas las que tiña pola casa. Primeiro collín unha la que non me convenceu moito como quedaba, así que desfixen.

primeiro intento

Logo volvín intentar, con tres cabos dunha katia austral verde e un desta la con cores, moito mellor, e un pompón a petición da usuaria.

resultado final
 
 Agora si, non usei ningún patrón agás para facer os aumentos, pero se queredes mirar algo máis tamén o podedes ver na páxina do proxecto.

E claro, a irmá pequena (por pouco tempo) tamén quixo un pompón e conseguín convencela para non poñelo na punta.
vendo fotos

A Z. aínda non sinte frío abondo para poñelo, e a L. anda con el dentro da casa todo o día, e cando vai saír quítao. Sonche así :D

Por certo, o xoves caeunos outro dente. Fixemos as fotos xa de noite porque logo ía levalo o ratiño Pérez e non podiamos, así que nótase a luz, pero temos o dente, que desta vez caeu na casa do veciño. Como ben lembrou a Z. "cada un cáeme nunha casa!".

dente
 
oco do dente








11 comentarios:

  1. Oh, pareceume verme nunha foto :oD
    Es unha máquina facendo gorros, vas ter que aprenderme :o)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aí a estás! :)
      Vente, que a Rosana quere aprender ganchillo, e diso seguroq ue sabes máis ti, facemos un obradoiro de fin de semana, si?

      Eliminar
    2. ummm un clube da calceta en fins de semana? ummmmmmmm
      rosana

      Eliminar
    3. Para un clube de calceta non sei se dou, que estou a piques de cambiar de ritmos outra vez, pero para un obradoiro si ;)

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Desde luego tus nenas no van a pasar frío en la cabeza, están genial los gorros, con lanas gordas, calentitos y de satisfacción inmediata, ¡lo tienen todo!

    P.D.: No me di cuenta que estaba con la cuenta del maromen, el comentario de Dukem era mío :p

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Proxecto rápido para quitar o mono de facer cousas novas, perfecto :)

      Eliminar
  4. Co que me gustan a min os gorriños con pompons... se eu soubera tecer ía ter unha colección!!! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois... outra máis para un obradoiro de fin de semana? Se te apuntas xa sabes :)
      E se non mándoche a outro sito, que as composte-lás xúntanse sempre nas findes en Santiago, apréndenche encantadas e ademáis pásalo ben.
      http://compostelas.wordpress.com/

      Eliminar
  5. Mimadriña querida que blog tan tan tan fermosísismo. Ola eu son Palmira,e de algún xeito o pasado sábado pode dicirse que coñecína a Rosana que foi a que me falou do voso blog. Estou disfrutando moitodo que vexo e leo, e ata tes tenda en etsy, na que edescousas moi moi fermosas, e na que mercarei algo para este nadal! Andarei por aquí a miúdo, sen dúbida! Un saudo de Palmira e mimadriña!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Palmira! Grazas por nos visitar. A verdade é que esta Rosana fai grandes descubrimentos, o teu traballo é fermoso, seguireite eu tamén, que para iso hai xente interesante coma ti.

      Un saúdo!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir