lunes, 12 de noviembre de 2012

12 de novembro

Hoxe seica fai un ano que fomos de non-voda.

Pasámolo moi ben cos amigos todos, e ademáis fixo un día estupendo para poder celebralo a gusto e que os pequenos e pequenas puideran gozar do espacio ó aire libre.

Pero o que quería amosarvos e non o fixen o ano pasado, é o meu vestido, porque nas non-vodas tamén se pode levar vestido :P, e porque é outro exemplo de reciclaxe do que estou toda orgullosa.
Veu Tecelá un día pola casa botarme unha man, que é moito mellor modista ca min, aínda que despois arrisqueime e cambiei todo.

O bonito do asunto foi que reutilicei unha vella saba que usaba na miña cama cando era pequena. En cor crudo e cunhas florciñas marróns cunha folliña verde, perfeta :) A baixeira useina para facer un forriño para a saia.

Logo fixen un xersei cunha la que mercara con idea de facerlle un xersei ás nenas. Por certo que a la encantoume... o xersei non sei se o porei moito máis, pero dáme mágoa desfacelo... igual co tempo me decido, de momento este ano non collo así que pódolle dar outro máis a ver que pasa.

Póñovos unhas fotiños para que os vexades. Todas son das Antonias, Anna e Mar, fotógrafas oficiais do evento, e amigas cibernéticas :)

vestido6

vestido5

vestido2

vestido8

vestido7

Aquí é onde non vos conto que non me aptrevín a poñerlle cremalleira (aínda que a mercara) e que para meter o peito había que facer unhas manobras un tanto estrañas :D

E... que o pasemos todos ben hoxe, ogallá puidesemos facer unha festa así cada ano e xuntármonos todos os amigos.

vestido



13 comentarios:

  1. ay, qué bien lo pasamos!, y que chulo fue conoceros!, y quiero volveeeeeeer!!!!! :)

    ResponderEliminar
  2. Preciosas fotos y precioso día. Es todo tan alegre, tan dulce y tan fresco. ¡Feliz aniversario Tartarouchos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Vega! Falta lo mejor, las fotos de los amiguitos, que son toda la fiesta.

      Eliminar
  3. Preciosas fotos y precioso día. Es todo tan alegre, tan dulce y tan fresco. ¡Feliz aniversario Tartarouchos!

    ResponderEliminar
  4. Me encanta el vestido, la chaquetilla, las fotos, tienen muchísimo encanto. Felicidades!

    ResponderEliminar
  5. Non podo crer que ese vestido saíse dunha saba!!! Precioso. E preciosa non-voda...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Montse, e isto son só uns anaquiños, pero a non-voda foi repreciosa de verdade :)

      Eliminar
  6. Alucino Raquel. Es TAAAAAN tú todo. Ese vestido no podía haber sido de otra manera y todos los detalles hablan a voces de ti. Feliz aniversario!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Bárbara! Así que me ves así? Me hace gracia pensar cómo os puedo parecer desde fuera :)

      Eliminar
  7. todas as fotos son lindas, pero esta última paréceme fermosísima.
    tal vez polo que representa
    e polo look
    ese vestido sería o meu soño cando tiña 14, alá hai mil anos que quería ser hippy

    :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hai que cumplir soños aínda que estean desfasados :P

      Grazas pola visitiña!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir