lunes, 29 de octubre de 2012

Volta ó pasado

Levo tempo coa idea na cabeza... a de recuperar fotos vellas e poñelas aquí, pero o caso é que non me dou decidido. Seguro que as fotos que quero poñer teñen a máis xente de protagonista e tería que pedirlles permiso, e incluso haberá xente coa que non teña contacto xa... pero a semana pasada quitei un puzzle do marco no que o tiñamos colgado na parede da casa e pensei reutilizar o marco para facer un collage de fotos da familia, así que me puxen a buscar entre fotos de hai anos e apareceron cousas coma esta, que vai ser a que valga para inaugurar a sección de Volta o pasado (se é que chega algún día a converterse nunha sección):

28112005-PIC_0125

A data da foto está mal, en realidade é de 23 días despois, mediados de decembro de hai sete anos, creo, porque me parece un pouco raro que estivese a esas alturas nese local da facultade, a Z nacería unha semana despois desta foto, máis ou menos. Eses pantalóns da foto téñoos enriba, pero non tratei sequera de poñelos, sería inútil; o xersei xa non existe, voou xunto con aquela maleta que se nos perdera indo a Noruega de viaxe; polo demáis atópome aquí, sete anos máis tarde agardando para recibir a un novo membro da familia, e con case o mesmo peiteado!!
Esta é a de 7 anos (e 7 kilos) despois :)

7 anos despois

E o sábado fomos visitar ós amiguiños santiagueses e temos un agasallo precioso para o noso bebé. Grazas guapa!!! :)))))

collage chaqueta
(os botóns son obra de Tecelá, que fixo con restos do teu taller)

Vós que pensades? Valeralle?

para o bebé


5 comentarios:

  1. Me encantan las fotos de las barriguillas tartarugueras. ¡Qué ganas de ver a la nueva tartaruga!

    ResponderEliminar
  2. Pero si estás igualita!!!! Bueno, no, ahora más linda... ;)
    Por cierto, han preferido esperar al momento maravilloso del parto para saber si van a ampliar el clan de las tartarugas hembras??? o esa chaqueta azul es un indicativo de algo que yo desconozco?? :)))

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues según la artesana, la hizo azul porque yo creo que es un niño (pero me fío de mi intuición sólo el 50%, con L. también pensaba que era niño) y para que cuando nazca y sea una niña sin pendientes y de azul no haya opción posible de que alguien acierte ;)
      Esperaremos al último momento para saberlo, sí :)

      Eliminar
  3. La chaqueta preciosa, las barrigolas también. Y los botones una maravilla. ¡Qué suerte, Raquel!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir