jueves, 4 de octubre de 2012

Unha alfombra de andar por casa

Xa vos dixen que non era quen de non comezar cousas novas, pero de momento pódovos adiantar que o de atacar os UFOs está dando resultado, xa vos amosarei algún máis.

O outro día deume unha arroutada e gastei unha mañá facendo unha alfombra para a entrada do salón. Sempre que saímos fora por esa porta e volvemos entrar temos que limpar os pes para non enlamar o chan todo, sobre todo agora que comezarán o frío e a chuvia. O caso é que sempre usamos para iso toallas vellas que non sufren e pódense lavar e secar fácilmente, pero as toallas teñen pouco corpo e acaban sempre todas emburulladas. Fun cambiar a toalla e poñer unha nova e entón ocorréuseme que para darlle máis consistencia podía poñerlle unha tea por atrás... e logo lembreime que no libro de Patchwork Style vén unha alfombra para a cociña feita con retallos que se van cosendo por riba, así que fixen un remix.

Unha toalla vella, un retallo que me quedara dunha tea forte que usei para facer as mantiñas aquelas coas sabas (en realidade non é desta, é doutra que fixen sen recheo e que vén sempre connosco no coche, pero non sei se cheguei a poñela no blogue), e os retallos de sobra da colcha da L.
Fun cosendo os retallos de calquera xeito na toalla e logo cosín a tea por atrás facéndolle un dobladillo para tapar os bordes da toalla. Ademáis pódese usar polos dous lados, que é moi útil porque se emporca deseguido.

Por suposto tiven axudantas, coma sempre :)

axudantas

A L. Puxo moitos alfinetes

axudando

...moitos...

axuda

A tea de arriba cos motivos bordados foi a petición súa. Na colcha da Z. e máis na dela tamén hai unha tea con puntadas decorativas desas da máquina, pode chegar a ser unha seña de identidade da casa a este ritmo :D

Por diante quedou así

diante

e así por atrás

Atrás

A idea do libro é que se vai lixándose pódense ir cosendo retallos novos por riba para tapar as manchas que non saen.
Xa vedes que non é nada perfeta, a toalla estaba torta e torta quedou tamén a alfombra, pero a min gústame como queda no salón, moito mellor ca unha toalla tirada no chan toda feita un gurruño.

no sitio

Terei que facer outra para cando bote esta a lavar. Usando cousas que hai na casa para facer cousas que se necesitan e ademáis rápido, sinxelo e sen pensar, como a min me gusta.






10 comentarios:

  1. Que chula!

    (Encantoume vervos o outro día "en vivo e en directo", aínda que me deu un pouco de rabia non falar nada... para a próxima, si?)

    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aiiiii, é que estaba a cousa complicada, pero a min tamén me prestou, sabes que es ghupa ghuapa ghuapa? E cun toque de Julieta Venegas pero en galego ;)

      Despois de tantos anos coñecéndonos sen vernos a ver se a próxima é dentro de pouquiño e poder botar unhas palabriñas.

      Bicos ghuapa! :)

      Eliminar
    2. Ui, que xenerosa!!! Agradécense os piropos, porque, como di un colega meu, lo pelota no quita lo valiente :D

      Quedan logo para a próxima esas palabras pendentes. E, se non, que medie Aivou!

      Bicazo

      Eliminar
    3. Ui, que non vin as alusións... que medie, que medie! ;)

      Eliminar
  2. Te ha quedado preciosa, que buena idea que tuviste.

    ResponderEliminar
  3. Que ben se te da o aproveitar! Quedou orixinal.

    ResponderEliminar
  4. Respuestas
    1. Debería ter unha tea máis suaviña para facer de manta, porque esta é un pouco tesa, pero xa temos outra idea... :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir