lunes, 1 de octubre de 2012

Un oviño

Hai unhas semanas a nosa pita Castiñeira quedou choca enriba dun só oviño, non as tiñamos todas connosco, non sabiamos se o ovo sería fértil, só tiña un, era primeiriza e moi noviña,... non tiñamos máis ovos para poñerlle porque os foramos metendo na neveira, pero as Tartarouchas querían que a deixasemos para ver se nacía un pitiño, así que decidimos deixala.

Estivo tres semanas deitada enriba do seu oviño, coas plumas infladas, vímola saír comer algún día, saía estaba dez minutiños fora comendo toda apurada e volvía entrar a quentar o seu oviño. A última semana como vimos que facía frío metémoslle auga e comida dentro do galiñeiro para que non tivese que deixar o oviño só moito tempo se necesitaba saír comer.

O día antes de que fixese as tres semanas vímola fora pero moito máis tranquila, andaba coas plumas infladas e facía ruídos de choca, pero non tiña presa por volver adentro como os outros días, e xa non estaba comendo.

Pita

Achegámonos e fomos mirar se pasara algo co ovo e entón vimos isto

Ovo

O ovo estábase abrindo! Védelo estallado dende dentro? Que nervios e que ilusión! Seica si había pitiño dentro daquel único oviño. Marchamos correndo para non molestar e que a pita volvese aloumiñar o seu ovo.

Ó día seguinte, o venres, era o día grande, fomos acompañar á Z para ir á escola e a volta volvemos ver á pita fora do galiñeiro, era moi raro, así que achegámonos a ver se tiña un pitiño con ela, pero non, estaba fora do niño e fora do galiñeiro, epro non había pitiño por ningures. Entón fomos abrir o niño e só vimos a casca do ovo, xa saíra!!! Pero entón onde estaba?
Volvemos ir mirar por fora por se intentara saír e caera ou algo, pero alí non estaba, entón abrimos unha das portiñas laterais do galiñeiro e atopámonos co pito alí tirado no medio da palla. Aínda tiña un fío de vida, así que collémolo e levámolo para casa darlle calor e intentar que se recuperase.

pitiño

Pitiño coa L

Pero non puido ser :(
O pitiño, tan bonitiño, non saiu adiante, cando a Z chegou do cole xa non tiña aquel fío de vida e levou un bo disgusto...
 
Non sabemos que pasou, se a pita deixou de coidar ovo e o pitiño cando naceu, se o pisaron as outras pitas, se naceu xa maliño,... como sexa non hai pitiño.

Non todo son sempre boas novas, ás veces estas cousas tamén pasan, quedámonos coa lección de vida que supón para afrontar outros momentos máis duros que seguro que aínda que non nos gusten hemos ter que afrontar.

Adeus pitiño!

8 comentarios:

  1. qué cara tan triste!
    Es ley de vida, hay que aprender que la muerte también forma parte de ella.
    Es dificil de asimilar, pero a la larga, te enseña a disfrutar más de los éxitos haber fracasado antes.

    Seguro que el próximo sale adelante. Un abrazo a Z!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, creo que nos ayudará, aunque sea triste tiene que valer para algo.
      Gracias por ese abrazo!

      Eliminar
  2. Pobre pollito y pobre Z... ánimo, pequeñita.

    ResponderEliminar
  3. A cariña da Z da ganiñas de chorar. Miña pobre.. :(

    ResponderEliminar
  4. A Z. levou o disgusto porque non o veu...pero e a L.? como o tomou ela que estivo aloumiñando ó pitiño?

    Saúdos dunha galega en Sevilla

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a L mellor, pero penso que porque é máis pequena e aínda non comprende de todo o concepto da morte... fáltalle ese click.
      De todas maneiras coa Z é curioso que lle deu mágoa sabelo, pero quixo ver o pitiño e ver o corpo non lle supuxo ningún drama...

      E benvida a un anaco da terriña :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir