martes, 30 de octubre de 2012

Un día coma outro

O outro día (bueno, hai moitos días, en realidade) Rebe e máis Eva, as super-mulleres, mamás, fotógrafas, traballadoras, e de todo de Capturando momentos propuxeron documentar o día a día para o seu {momentos} cotidianos . E encantoume a idea, sobre todo a de fotografar un día completo para ver dentro duns anos non só os momentos que viviamos cada día, senón máis ou menos cal era a nosa rutina diaria.
O problema foi que cada día me lembraba do tema, pero cando xa levabamos media mañá vivida, así que xa non me prestaba facer as fotos só de medio día, pero o outro día por fin acordei medio a tempo, cando aínda estabamos almorzando, así que non está a chamada de teléfono do Moucho para facerme de espertador cando marcha cedo a traballar e que me deixa sensacións a medias entre a vergoña de que teña que chamarme e a fachenda de que o faga, porque é o mellor :)... aínda que case nunca faga falla porque as Tartarouchas xa se encargan de facer de espertador uns minutiños antes (ou ás veces unha hora, grrrr) de que soe o teléfono. Tampouco están as perrenchas da L para vestirse cada mañá porque non lle gusta a roupa que escolle, ou lle molesta, ou quere cambiala por terceira vez en 10 minutos,... definitivamente coido que nunca poderei fotografar eses momentos porque aínda que a miña memoria mo permitise son... delicados :)

O resto do noso día, dun día coma outro, foi máis ou menos así

collage momentos 2

(houbo moitas destas fotos que me gustaron moito, pero finalmente non tiven valor de poñelas todas grandes aquí... o mosaico non está mal e seguro que agradecedes a velocidade ó cargarse a páxina, así que quedan para nós )

NOTA: estas rapazas, que xa vos dixen que son unhas xenias, déronme unha idea, así que podedes ver as fotos aquí sen que pesen moito para cargar o blogue :)

4 comentarios:

  1. que bien que lo hiciste!!! si, jajaja, super mujeres, sí, seguro! vamos, yo no conseguí hacer más de dos fotos, no te digo más!! ha sido un mes de locos (¿y cual no lo es?), pero lo tengo que hacer para el mes que viene.. empezando pasado mañana!! sin falta!!!!!

    Biquiños y gracias por tu participación!!

    ResponderEliminar
  2. Pues, me han gustado estas pequeñas capturas de un día "cualquiera"....

    ResponderEliminar
  3. Qué complicado me parece fotografar todo un día! Gústame mirar as vosas vidas por unha ventaniña.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Hermosas fotos, que lindos momentos has captado! Felicidades!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir