miércoles, 10 de octubre de 2012

Tomateadicta

Sorte que andamos recollendo a colleita de tomates porque atopei unha forma sinxela de comelos que me encanta. Non ten ciencia ningunha, pero non os preparara así ata hai pouco e encantoume.

tomatada
 
Aí vai:

Coller 3 ou 4 tomates da casa moi maduros.
Pelar os tomates.
Cortalos en anaquiños tamaño bocado.
Botarlles moito sal (para o que boto eu normalmente), moito aceite e moito ourego.
Remexer e zampar.

O líquidiño que queda no fondo sabe a gloria, preparade panciño para mollar. E a min gustanme máis se están do tempo e non fríos. Igual xa non estamos na época, pero se vos pasa coma a nós e aínda os andades recollendo aproveitade para probalos así.

tomatada 2

Bo proveito!

3 comentarios:

Conta, conta...

Por se queres compartir