miércoles, 31 de octubre de 2012

Preparando o Samaín

Os amigos das Tartarouchas, A. e P. tiñan a súa casa toda decorada o sábado cando fomos visitalos, así que á volta houbo que preparar a casa para o Samaín.
Para loitar contra a idea da importación da festa ianqui, penso que o Cristianismo hai moito tempo tapou co día de Tódo-los santos, unha festa pagana celta moi antiga e na que celebraban o fin do ano celta que remataba coa fin das colleitas e comezaba coa estación escura. Na noite do 31 de Outubro ó 1 de Novembro, a maxia permitía que os espíritos dos mortos vagasen entre os dos vivos...
Así que vennos de antigo celebralo, non? Non imos resistirnos logo, se non podemos escapar pois aproveitemos, on para importala, senón para recuperala ;)

Collín as ideas de MADE, así que os morcegos e a arañeira son cousa dela. Nós só os adaptamos, como non tiñamos cartolinas negras aproveitamos os cartóns de cereais (de cada caixa pequena sacamos catro morcegos cortándoos sen desfacer a caixa) e pintámolos con tépera negra.

morcegos

morcegos 1

morcegos 2

morcegos 3

morcegos 4

morcegos 5

A arañeira fixámola con celo e deixamos os cabos longos para metelos cara dentro da fiestra e que quedasen ben suxeitos, porque do celo non me fiaba eu moito coa humidade... aínda que a verdade é que non se soltou nin un.

araña

E por último a cabaza que trouxo o Moucho, que non tivo tanto éxito para facela, logo se cansaron de baleirar e acabamos o papá e máis eu mentres elas xogaban cun amiguiño.

19h: destripando a cabaza

cabaza samaín

Que pasedes unha noite de medo! :)




2 comentarios:

  1. Esa arañeira sí que da medo! Eu por ahí non paso jajaja

    ResponderEliminar
  2. Que samaín maís divertido! Hai que ver o concentradas que están as cativas cos pinceis nas mans...

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir