lunes, 22 de octubre de 2012

Cousas que din as Tartarouchas

Tiña apuntadas dende comezos do verán un par de cousas para poñelas aquí e non esquecerme, e non sei por que non as dou posto nunca, así que hoxe van.

Antes do verán fomos ó cumpreanos de A. e U. e houbo un momento no que se puxeron a berrar todos os nenos e nenas convidados: Hip-hip-hurra!!!!! Días despois a L. comezou a berrar pola casa: Hip-hip-burra!!!!

Unha vez comentei que me daba mágoa corrixir as últimas palabras que van quedando desa primeira lingua de trapo, e alguén me dixo daquelas: "Pois non llelas corrixas! Acabarán por dicilas ben e sempre hai tempo."
Iso pasounos por exemplo con pipótamo, que ademáis as dúas Tartarouchas escolleron a mesma maneira de chamarlle ó animaliño en cuestión. Agora a Z. sabe dicila correctamente, pero ás veces aínda a usa, e o outro día ó indicarle que estaba a dicila mal dixo que xa o sabía, pero que a ela gustáballe máis así. Vése que non son a única que lle colle cariño ás palabras mal-ditas. Con meus irmáns e meus pais tivemos moito tempo unha herdada do tío Isma: manquilla en troques de mantequilla, e manquillar as galletas,... segue a ser especial aínda que non a usemos :)

Logo a Z. quixo apuntarse a tenis, aínda que apenas puido ir porque logo decidiu que as vacacións eran para pasalas por aí, e marchou cos avós, pero desta vez si que tivemos que corrixila porque nos decatamos nos primeiros días que chamaba ó seu monitor: Galletano :D

E por último non é unha destas confusións lingüisticas, pero quero lembrar que non sempre as protestas e pelexas entre irmás son polas mesmas razóns, onte, despois de se bañar e mentres poñían os pixamas escoitouse de súpeto berrar á L.:
- Papáaaaaa! Vénnnnnn!! Que a Z. non para de darme bicossss!!!

:)

irmás


E como dixo hoxe a nosa amiga Sabela, agardo que non lle importe que tome as súas palabras sabias:

"Cada día estou máis convencida do fundamental que é gozar deses momentos e non renunciar a eles por nada. Procurar tempos felices na casa, no traballo, cos veciños... Se cada unha de nós consegue mellorar o seu currunchiño quizais, pouco a pouco e entre todas as persoas, tamén consigamos que mellore o bonito país no que, malia a todo, seguiremos a vivir."

Porque onte foi un día precioso que só tivo unha cousa mala, pasamos o día en familia, os catro (e medio) xuntiños; as Tartarouchas fixeron a súa recolleita particular: encheron un lote de botes con anacos de tullas para ambientar a casa porque lles ulían moi ben, e máis un par de botes de miñocas "para as pitas" despois de levantar unha chea de pedras; a L. puxo un laciño no meu vaso e dixo que iamos deixalo sempre así porque era moi bonito e era para min :´); fomos de paseo e elas levaron as súas bicis sen pedais (toda unha ideaza, por certo, o de quitarlles os pedais ás bicis), fomos ó parque no que non había ninguén e rimos moito moito moito coas ocorrencias do papá Moucho; fixeron unhas "bolas que se convirten en pedra" coa terra das árbores novas que prantaron e lemos contiños na cama antes de durmir.

o meu vaso con lazo

tullas

miñocas

Só unha cousa mala, seguro que o voso tamén foi un bo día, e se non pensade en todas esas pequenas cousas que fan os nosos días mellores,... apetécevos compartilas?

Imos comezar ben a semana, sí?

:)


8 comentarios:

  1. Como me gustou ler o teu post cheo de positivismo e palabras bonitas; sobre todo porque hoxe todo son malas caras, e con razón, pero non sei onde andaban metidas todas esas malas caras onte :(
    Si, foi un día bonito; eu fun recoller millo para facer pan no inverno, cos ultimos tomates e pementos e fixen conservas, e pola tarde asamos castañas en familia; foi un día de preparación para a hibernación ben chulo. Encantaronme as palabras de Sabela, non podería estar máis de acordo; apúntome a ese proxecto! :)

    ResponderEliminar
  2. Estoy tan de acuerdo! A pesar de todo, creo que esta situación de crisis tan profunda nos obliga a aferrarnos a lo cotidiano, a las cosas pequeñas en las que quizá no reparábamos y darles valor. Porque nuestra vida está en ellas y no en los titulares de los periódicos (aunque también), nuestros proyectos personales nos salvan de la tristeza, la creatividad y toda esa gente que a través de la red comparte sus ideas nos abren caminos cada día de aprendizaje y disfrute.
    Mi profesora de yoga, antes de hacer algún ejercicio difícil nos dice: "lo hacemos con la misma ilusión como si fuera la primera vez, y con la misma sabiduría que si fuera la última". Eso pienso cada día, que así quiero vivirlo. Y con alegría.
    Me a salido un comentario muy largo, gracias de nuevo por estar ahí compartiendo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y además con faltas de ortografía, quería decir "Me ha salido un comentario muy largo". Mae mía...

      Eliminar
    2. Y de los que tenemos al lado, porque igual en algún momento la red desaparece de nuestro alcance... ojalá no sea así. Gracias Rosa!

      Eliminar
  3. Pois tamén estou totalmente dacordo contigo, con Sabela, con Rosa e coa súa profesora de ioga. Teño decidido facer o meu mundo mellor. No creo que sexa capaz de mover moito do meu arredor, pero intentareino co o meu pequeno cachiño de vida...
    E só unha cousa mala no meu día tamén...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Cuanto positivismo! Me encanta! y eso que se dice que siempre triunfa lo malo, lo morboso... pues será con otros porque lo que es a mi me inclino siempre por lo bueno. Incluso a las personas, tambien les debemos buscar su parte buena y no fijarnos y quedarnos siempre con la parte mala.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir