viernes, 19 de octubre de 2012

A vendima

Os avós Moucho fixeron a vendima a fin de semana pasada, e como estivemos por alá todo o mundo botou unha man )agás unha que se adicou a facer fotos, ejem...)

na carriña

Esta é "a carriña", é igualiña que a que tiñan os meus avós Inés e Rafael e na que tamén me encantaba subir, só que no que eu subía chamabámoslle "o maquinillo". Estiven a pensar no grande que era a vendima que facían eles, cunha chea de xente a comer, leite fritido de postre e o meu avó sempre pedíndonos que cantaramos para que non se comeran as uvas :)
Ós nenos sempre nos tocaba apañar os vagos e eu rabeaba porque me deixaran un coitelo daqueles pequeniños, ou dos curvos, ou mesmo unhas tesoiras... quen ía querer apañar os vagos! A avoa Carme dixo a que a ela dicíanlle de pequena "unha vella de vagos fixo cen olas de viño", como nos querían enganar... 1600 litros de viño apañando vagos? Faríao en toda a súa vida, non na vendima dun ano! :)
Lembro que conseguín o estatus necesario para que me deran un coiteliño, vermello, dos que se levaban da miña casa,... e corteime, claro, logo deixouse de facer o viño porque xa non estaba meu avó e supoño que para aquelas sería cando me pediran que vendimase e eu xa non querería, así que só me quedan bos recordos.
Pois iso, que este ano todo o mundo botou unha man
a vendimar!  

uvas

Pero tamén pillei a algún que non cantaba nadiña... pero creo que están perdoados porque logo non beben o viño
pillado!

comeuvas2

pillada!
Coido que por aquí pasárono ben, e aínda deu tempo de apañar unhas castañas para a cea.
uvas no cesto
cargando a carriña
1838
apañar castañas
castañas
E como vén outra finde á volta da esquina déixovos un vídeo. Madro e tía Rita teñen unha cadeliña na casa que recolleron do monte, é noviña e moi lista e sociable, pero non poden quedar con ela, así que se coñecedes a alguén que queira ter un can, ou se vós mesmos o pensastes nalgún momento, déixovos o vídeo dela para que vexades o lista que é e para que se tendes que decidirvos acabedes de facelo. :)



Boa finde xentiña!




7 comentarios:

  1. Ojalá Tula encuentre pronto una casa donde la quieran mucho : )

    ResponderEliminar
  2. Por Arbo xa tivemos a vendima antes e foi bastante ruin en cantidade anque non en calidade.
    Nós ao maquinillo ou carrinha esa chamámoslle chimpín.
    Por aquí dicimos: " Bagho a bagho enche a vella o cabazo " e antes " obrigaban " a asubiar mentres se vendimaba para non comer as uvas.
    Ti sigue fotografando ( este ano tés boa excusa ) que vai quedar unha fermosa lembranza para a túa familia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por aquí quedou moita uva aínda sen vendimar porque estaba verde... a estas alturas.
      Intentarei seguir facendo moitas fotiños, si.
      grazas pola visita paideleo :)

      (por certo, o Leo está enorme, parece un rapazote)

      Eliminar
  3. Nuestro viñedo también fue vendimiado hace poco, aunque este año no pudimos estar. Personalmente me encanta todo el proceso y ver al final el vino hecho.... es mágico!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cuánta magia hay escondida en las "cosas de antes", yo tengo mucha envidia de todos los sabios que hay en nuestros mayores :)

      Eliminar
  4. Por aquí tamén se dí iso de que a vella de vagos fixo 100 pipas de viño... pero claro... non ía facelos cos cascabuños ¿non?... esa picaresca e esa retranca non podemos perdela, é a nosa obriga mantela para os nosos fillos. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir