jueves, 11 de octubre de 2012

A mantiña dos hexágonos

Este si é un UFO en toda regra, este proxecto de futura mantiña foi comezado alá case cando naceu a L. que logo vai facer 4 anos, e neses tres anos e pico apenas medrou. Pero gústame, non podo deixala así, así que agarreina e non quero soltala. Védela aquí hai ano e medio? Pois ese foi prácticamente o estado no que a collín agora.

En todo este tempo houbo moitos intentos de retomala, tiven unha tempada de propoñerme facer dous hexágonos polo menos cada semana, pero só botar contas do tempo que me levaría rematala deume vertixe e acabou quedando (de novo) aparcada. Agora non vou tocar máis nada ata que non estea rematada, ata me emocionei o outro día e fun mercar máis fío para facela enorme, ehem, en fin, digamos que xa hai dona para as sobras se acaba sendo "non tan xigante".

A L. agarrouna o outro día e dixo que no canto de ser unha mantiña "para todos" podía ser só para ela (penso que lle gustou :) ), logo foise mirar no espello envolta nela e dixo que "mellor por que non me fas un vestido?".

mantiña

mantiña 2

O caso é que avancei, e por iso ando ilusionada pensando que realmente pode ter un final, e que pode ser útil isto de atacar os UFOs.

Peeeeeeero, claro, ando a ganchillar na mantiña e non penso máis ca en tecer outras cousas:
- gorriños para regalar a bebés a piques de chegar: coma este ou estoutro
- uns pantalonciños coma estes para o noso bebé ou tamén estoutros
- ou esta chaquetiña...
- pero o que de verdade máis ganas me dan de comezar é unha mantiña sinxela, en punto bobo, e con todos os restos de calquera cousa que teña na casa: acrílicos, las ou algodóns, os finos postos dobres, e os gordos postos sinxelos, con diferentes texturas e cores, de raias e de cores. Non podo quitarma da cabeza a pesar de que sei que se convertiría noutro UFO, como a outra mantiña que levo comezada dende hai exactamente dous anos e que será o próximo en atacar. E ademáis, teño que recoñecelo, teño un serio problema de adicción ás mantiñas, é algo inexplicable, igual que o das caixas, non podo tirar unha da igual o tamaño que teñan, e tampouco podo deixar de pensar en facer mantas, dá igual cantas teña,...

Pásanseme todas estas cousas pola cabeza, pero non vou comezar ningunha, porque sei que calquera delas me apetecería máis tecela que a mantiña que teño que rematar dunha vez e volvería quedar no esquecemento por quen sabe cantos anos de novo. Así que o bebé quedará sen esa roupiña a non ser que acabe os hexágonos a tempo (ja!) pero non lle ha faltar que poñer. E os demáis bebés que están por nacer poderán levar algunha outra cousiña, e a manta de restos, cando remate a de hexágonos se cadra aínda teño máis restos para lle engadir, esa sempre hai tempo de facela...

Á L. segue a pasar as mañás comigo, así que entre limpezas, lavadoras e comidas cando nos poñemos a coser ou a tecer ela tamén, o outro día fixo un anaco de pizza (xa volo amosarei porque é xenial) e onte púxose a "coser" no trebello este.

"cosendo" 1

"cosendo" 2

E entre todas esas cousas que non vou comezar ocorréuseme que podía facer un proxecto pequeniño para enfeitar a nova mesa "de estudio" da Z., que ogallá tarde en usar, pero que polo que escoito e vexo das nais, pais e nenos do cole, coido que o ano que vén vai ser un cambio grande e xa non imos ter sequera lexislación que nos protexa das tarefas para casa como ata agora... agardo polo menos que os mestres e mestras sexan cabais...

Bueno, total, que collín un dos botes de cristal para os que non temos tapa e fíxenlle unha fundiña de cores, para meter os bolis e que quede ben curriño. O caso é que á L. debeulle parecer maxia porque logo me pediu que fixera outro (que a medio camiño me mandou parar e quedou convertido nun mini-pousachaves), e logo volvín comezar e remateino, e hoxe en canto acompañamos á Z. de camiño ó cole e volvemos a casa foi directa buscar outro bote de cristal e pediume que lle fixera outra funda.

bote

botes

A Z. escolleu un deles, así que os outros dous vou poñelos na tenda, por se alguén os quere para enfeitar a súa casa, xa vedes que son ben versátiles ;)
O malo son os gastos de envío, sempre poño os gastos de carta certificada, pero se cadra igual se pode mandar como carta normal arriscándose un pouco para que baixen os prezos,... dáme mágoa que os gastos de envío encarezan tanto as cousiñas, alguén ten ideas sobre isto? :(

Bueno, non me enrollo máis, que pasedes unha boa finde longa!





6 comentarios:

  1. Me encanta la mantiña!
    Unas cuantas preguntitas técnicas...¿que lanas has usado? Tienen muy buena pinta.
    Y, ¿vas uniendo las piezas según las tejes o haces unos cuantos hexágonos y los coses luego? Tengo unos cuantos cuadraditos hechos de ganchillo y todavía no tengo ni idea de cómo los uniré luego...
    Gracias de antemano!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cigi, para esta mantita usé algodón, casi todo Katia Mississippi y algún color que tenía suelto de Valeria di Roma Topacio, que creo que ya no se fabrica...

      La mantita está hecha siguiendo el patrón de Attic24 http://attic24.typepad.com/weblog/2008/11/hexagon-crochet.html
      Precisamente la empecé pensando que unir cada hexágono en la última vuelta era la única manera de que yo hiciese algo así: si me encuantro con 200 hexágonos y tengo que unirlos al final muero!

      Mírate el tutorial porque te puede dar idea de cómo unir tus cuadrados en la última vuelta :)

      Eliminar
  2. Ay, Raquel, somos almas gemelas! Yo estoy rodeada de UFOs, y siempre soñando con un nuevo proyecto que me parece más interesante que lo que tengo entre manos. Te leo desde hace mucho tiempo, en silencio os acompaño mientras crecen las niñas tan preciosas, y vais sumando animales y experiencias nuevas. Así que date cuenta que los UFOs que tienes pendientes son sólo de craft, tu vida la trabajais cada día y con mucho amor. Ese proyecto va viento en popa. Enhorabuena, y, desde lejos, se os quiere y se os admira. Besos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Rosa! Sospecho que lo de los UFOS es mal de muchas :D

      Eliminar
  3. Para o dos gastos de envío, sei que en Téjeme.com teñen unha modalidade que é "paquete postal con recollida en oficina de correos" que sae moi barata (un euro e pico). Pregúntalle a Ana, que é moi curriña e seguro que che saca de dúbidas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois algo farei, na páxina de correos non vñen, epro podo probar a preguntar na miña oficina a ver se saben algo, e se non pregúntolle a ela. Moitas grazas!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir