viernes, 28 de septiembre de 2012

Rematando UFOs

Teñen gracia as siglas en inglés dos proxectos inacabados UFO (Un-Finished Object) porque son as mesmas que para os ovnis (Unidentified Flying Object), feito adrede imaxino, pero ten gracia igualmente e fai que usar UFO para as cousas que temos aí aparcadas dende hai tempo e sen rematar sexa apetecible.

Hai pouco no blogue Debajo un botón poñía unha lista dos seus proxectos inacabados e apetecíame facer o mesmo, nomealos e poñelos en orde para intentar centrar esforzos en ilos rematando e non en comezar cousas novas. Desistín da idea de facer un listado, pero vou tratar de darlles pulo neste tempo... aínda que xa comprobei que é imposible non tratar de comezar con cousas novas, pero de momento de algo valeu.

A colcha da L. xa ten o bies posto, e é que ás veces non hai como querer facelo para poñerse a elo... e se tés que lavala a man por culpa dun accidente e por non tela rematada, aínda che entran máis ganas. Non hai mal que por ben non veña, non era? A todo isto aínda non comprobei se me cabía na lavadora, así que o incidente valeu para que a rematase, pero non sei se evitará que teña que lavala á man... veremos. De momento segue en uso na cama das Tartarouchas, igual que antes, pero agora sen flecos.


bies rematado

E o seguinte en ser rematado foi a chaqueta para a Z que comecei con moitas ganas alá pola primavera con idea de que a usase cando non fixera frío abondo para a cazadora de inverno nin calor abondo para ir sen nada... pero quedou aparcada durante meses e pro suposto non a rematei para usala na primavera, pero por fin hoxe estreouna para ir ó cole pola mañá, antes de que chegue o frío invernal,... que non ha quedar moito.

chaqueta de entretempo

de entretempo 2

de entretempo 3

Xa vedes que os rizos tolos volveron ó seu, e que o de: "ponte aí mentres a L colle a chaqueta, que che fago unhas fotos coa chaqueta nova" non é o máis axeitado. Tería sido moito mellor poñerlla e sacarlle fotos en calquera momento que estivese distraída, pero foi así e só conseguimos muecas e peticións do tipo: "A veeeeeer, acaba xa! Que eu xa quero marchar!"

de entretempo 4

Hai máis detalles da chaqueta no ravelry, aínda que improvisei o patrón e non está explicado paso por paso, pero se queredes saber o número de agullas, ou a la (sobras do meu turmeric e da chaqueta do ano pasado) tédelo por alí.


Os botóns, aínda que nas fotos non se aprecia moi ben, son verdes a petición da súa propietaria qeu dende hai un tempo vén dicindo que a súa cor favorita xa non é a rosa, senón a verde... ja! Nais preocupadas polo efecto princesa... hai esperanzas! ;D
Non teño moi claro se o do verde é por si mesma ou porque é a cor preferida da súa nai, pero o caso é que a chaqueta azul e amarela leva botóns verdes :)

E como hoxe por fin é venres só resta desexarvos que pasedes unha boa finde!

Nota: hai días que o editor de blogger me maltrata... non me funciona o copia e pega co rato e tampouco podo cambiar a "aliñación"¿? así que unhas veces consigo que as fotos queden centradas e outras non porque non lle dá a gana... agardo que mellore a cousa, pero se vedes cousas raras igual tén que ver con isto.

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. ¡Me encanta verlos! Oye, pero ya me llevas la delantera, te veo muy aplicada. :-)

    ResponderEliminar
  3. Ola! xa levaba tempo sin lervos, segura que xa te esqueciche de min...a do tándem en tui...Vexo que aumenta a familia, parabéns! jeje. O tándem foi ben, con agobios ó principio pero ben, quixen rechear a enquisa, pero vin que xa estaba fora de tempo.
    A ver si de vez en cando me asomo e vos leo. Unha aperta e o dito, parabéns!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas! Alégrome de que fose ben a cousa, que sempre é o que queremos :)

      GRazas por pasar por aquí, e pasade sempre que queirades, xa sabedes onde andamos :)

      Eliminar
  4. Ola! xa levaba tempo sin lervos, segura que xa te esqueciche de min...a do tándem en tui...Vexo que aumenta a familia, parabéns! jeje. O tándem foi ben, con agobios ó principio pero ben, quixen rechear a enquisa, pero vin que xa estaba fora de tempo.
    A ver si de vez en cando me asomo e vos leo. Unha aperta e o dito, parabéns!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir