miércoles, 12 de septiembre de 2012

Para o bebé

Deume un arrebato. Aquel venres que quedei na casa soa comecei a coser compulsivamente. Non fixera nada para o bebé, nin tiña ganas, a verdade, pensara un par de veces nunha mantiña e outro par de veces en coller algunha das que xa fixera e estaban aburridas na tenda... Pero esas sempre tiña tempo de botar man delas, e... eu que sei, non as fixera para o meu bebé...

Pero entón vin esta mantiña no blogue de Blue Elephant Stitches, e normalmente encántanme os seus quilts, a maneira que ten de combinar as cores, pero desta vez namoreime. Sabía que o meu non ía ter nada que ver, porque ía coller retallos sen ton nin son, nada de coleccións de teas ou anacos grandes dos que poder facer combinacións de cores, o meu é sempre un arco da vella embarullado usando retallos soltos, pero con todo, foi coma prender unha mecha, comecei e xa non puiden parar.
Esa fin de semana rematei a dianteira, de 90x125cm máis ou menos, feita pensando en aproveitar un retallo de saba térmica para a traseira que collera o inverno pasado no caixón de 50 céntimos da tenda de teas.

26082012-IMG_2374

E claro, foi pousala no chan para poñerlle o recheo e pasar o de sempre... :)

26082012-IMG_2376

oli mantiña

Fíxome moita ilusión usar outras pouquiñas das teas que me mandou Anna na miña mantiña, porque son especiais.

Logo chegou o momento de acolchar e entón pensei que era unha boa idea facelo á man, nas tardes frías que quedaban por diante ata que chegase o bebé, cunha infusión e tapadiña con ela mentres o facía no sofá,... e alá me puxen, cun traballo lento, para saborealo e facelo ós poucos...

cosendo
Foto do Moucho
Primeiro pensei poñerlle unhas ondiñas, pero parecéronme poucas e engadín unhas liñas rectas tamén en diagonal... e non houbo maneira, nalgo máis dunha semana a mantiña estaba tal que así:

06092012-IMG_2619

06092012-IMG_2620

07092012-IMG_2630

Polo menos usei parte do contido dunha caixa que me tocara nun sorteo hai tempo, a maior parte do material é de bordado, e aínda non me deu por aí (o punto de cruz tivo unha época nos meus anos de estudiante, pero farteime de oxidar agullas :-/), pero o de acolchar a man a verdade é que me prestou. Non as tiña todas comigo, pero fíxoseme entretido e non pesado, pensei que ía acabar aborrecéndoo, pero non foi así e hai que recoñecer que me gusta a textura que lle dá.

07092012-IMG_2636

Bueno, e todo isto coa técnica da trapallada que uso eu, que se o sabe algunha muller experta nisto do patchwork que sei eu dálle un pasmo: por suposto non usei bastidor nin nada que se lle pareza :P

Xa só quedaba poñerlle o bies, e iso non sei por que se me atraganta, é como cando che falta unha parte por coser nalgunha prenda de calceta (coido que por iso non me gustan os patróns de calceta con costuras), creo que ó ser o derradeiro paso e ter o proxecto prácticamente rematado perdo interese, estou xa pensando noutra cousa que facer e cústame horrores. 

Xa só me quedaba poñerlle o bies, e non sei como desta vez mirei na caixa da costura por se había algún anaco de bies feito que me valese e atopeino, atopei tres en realidade, e así ese mismo día cosín o bies e a mantiña quedou rematada :)

Tachán!!!
Por diante
07092012-IMG_2631

 e por atrás

07092012-IMG_2632

Agora só queda agardar a que chegue o seu destinatario... ou non :)

07092012-IMG_2634

08092012-IMG_2637

08092012-IMG_2638

Vindeiro reto: poñerlle o bies á colcha da L. que leva todo o verán sendo usada igualmente na cama que comparten as Tartarouchas... ou o papá Moucho ou a mamá Tartaruga, xa sabedes.

29072012-IMG_1753

Serei quen?

PD: faltábame unha foto, agora penso que xa está ;)


20 comentarios:

  1. Te ha quedado preciosa. Por cierto, que no conocía tu tienda de etsy, me ha gustado lo que tienes, le echaré un vitazo regularmente.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Serás, claro que si :)
    (Esas costuras tan rectas e esas ondas tan iguais están feitas a man? O.O )

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero ten truco, muller, primeiro marqueino (con lápis duro segundo recomendación dalgunhas expertas) e logo fun facendo o pespunte por riba :)

      Eliminar
  3. Encántame a mantiña. Aivou as costuras rectas non sei se foron feitas a man pero as ondas dou eu fe que si son.
    A colcha da L, claro que es quen de facerlle o bis :)
    Mari

    ResponderEliminar
  4. Por favor!!!! Qué preciosidad!! Y como me gusta ver ahí esas teliñas, sirviendo para lo que tenían que servir!!! <3!!!

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Chulísima!!! A mi me gustan así las cosas para críos, explosión de colorido. Y la colcha de L me encanta, en tonos azules, mis favoritos (aunque con los colores voy por épocas).

    Qué caja con cantidad de hilos, si no quieres hacer punto de cruz, puedes probar a hacer bordado ruso (punch needle), es muy fácil y las nenas seguro que se apuntan a probar, o pulseras de macramé o kumihimo.

    ¡Saludos!

    Algunos enlaces:

    http://www.lasmanualidades.com/2010/12/09/bordado-ruso-paso-a-paso
    http://www.slideshare.net/BelnVallaure/como-hacer-un-kumihimo
    friendship-bracelets.net/wheeldesigner.php
    http://friendship-bracelets.net/pdf/kumihimo_disk_template.pdf

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As pulseiras seguro que un pouco máis adiante lles fan ilusión, aínda lembro os meus veráns dándolle ós nós :)
      E o bordado ruso ese non o coñecía, pero ten gracia, non? O que me parece raro é que se o fío só está metido por aí con que se enganche vai todo ó garete, non?

      Moitas grazas polos enlaces todos!

      Eliminar
  6. jolin nena pero que bonita a mantiña, o meniño seguro que vai estar moi ben moi ben jejejeje, que sorte saber facer estas cousas tan chulas.... temos que vernos mais a miúdo a ver se me pegas algo, que eu tamén quería aprender a facer estas cousas.... :-)
    Vane

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois Eu aprendín todas estas cousas a base de internet, e así moitas veces descubro que non as fago "ben" ou que hai maneiras máis sinxelas de facer as mesmas cousas, pero o caso é poñerse e que che gusten, así que xa sabes, a poñerse!
      E eu podo botarche unha (pequena) man se fai falla ;)

      Eliminar
  7. ¡Qué bonita! Me encantan las ondas, ¡y el bies de colores! Yo tengo unas mantas para hacer con la ropa de bebé de mis hijos. Tengo bastante cortado, pero no veo el momento de meterme con ellas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eso también lo tuve yo en mente en algún momento, pero no sé si llegaré a hacerloporque la mayoría de ropa es de punto y además está bastante gastadita... pero ya veremos, y la tuya también, vale? :)

      Eliminar
  8. Qué chula!!!! Me encanta todo ese colorido... además, efectivamente, me parece que es.... muy tú!!! El/la pequeñaj@ va a estar requetebién ahí debajo... :)

    ResponderEliminar
  9. I love your quilt!! And your photos are so rich and lovely!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Oh! Thank you for coming and comment Jolene! And for your kind words :)
      I love your photos too!

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir