viernes, 21 de septiembre de 2012

A partires de agora que as fagan elas

Nesta casa vanse facer croquetas cando estean na casa as Tartarouchas, que lles saen moi ben :)

croqueteiras 1

croqueteiras 2

croqueteiras 3

croqueteiras 4

croquetas


A que lles quedaron ben? A decisión de facelas redondiñas foi delas.

E desta vez ata a L comeu unha, das pequeniñas que fixo ela, porque "non lle gustan as croquetas con carne como as grandes" :-/

E quédame unha foto que cando a vin fíxome ver aínda máis o desastre da nosa cociña... a nosa casa é grande, sobre todo á hora de limpar, pero en proporción a cociña non o é, e ó entrar vese que é unha acumulación de cousas apiñadas unhas por riba doutras. Seguro que tampouco axuda que a pesar de ser dos cuartos máis pequenos da casa e de ter máis cachivaches, é onde temos máis prantas, que igual non son moi necesarias na cociña e poderían liberar "un pouco" de espacio para outras cousas.

croqueteiras 5



Vale, síntoo, pero é que xa comecei a facer o niño e non fago máis que pensar en limpar e colocar (aínda que de momento non faga ningunha das dúas cousas, só as penso :D) A que está guapa a L a pesares de todo? :D


Aínda pasei un rato divertido probando a facer as frechiñas e o texto, quedou bastante trapalleiro, pero de cando en vez está ben probar cousas novas, non?

(Por certo, fíxeno co famoso Picmonkey, por se queredes enredar un pouco, de balde e online)



1 comentario:

  1. that top photo is stunning...the light, the button back dress with bow, two sisters. gorgeous.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir