miércoles, 22 de agosto de 2012

Voltamos das vacacións

E este ano fixéronseme curtas, coido que foron demasiados sitios para min en pouco tempo... o malo en realidade é que o pasamos moi ben e por iso non chegan a nada así.

Este ano non fixen moitas fotos, unha das razóns principais é que me pesa a cámara :(, ando tan cansa, que pensar saír de paseo unha hora e levar a cámara e os obxectivos colgando dáme perguiza... e outra razón pola que non hai moitas fotos é que ando xa (coma as vacas) "partida", dóeme o púbe e o sacro porque os meus ligamentos afroxan de máis e antes de tempo, así que as posturitas baixas de fotografar nenas non me saen e así hai menos fotos... pero con todo traio unha boa ración para esta entradiña, unhas poucas de cada sitio. Vai.

Paseos pola cidade descubrindo cousas interesantes, en Ourense o Xardín da Metamorfose

lixo

E un pouco máis adiante os hortos urbáns: vistes algunha vez os cabazos así prantados? E coellos no medio da cidade e a uns pasos? :)  ... e unhas señoras que me dobraban a idade e seguramente máis, paseando un can de augas que ían ó triple de velocidade ca min :-/

paseo

As festas na aldea dos avós Moucho

avós Moucho

Uns días de visita á nosa praia preferida, e con visitas ós arredores e a familiares que veraneaban preto tamén

collage praia

E parada obrigada en Cangas, con tía Rita e Madro, que volveron acollernos coma sempre aínda que nos fagamos velliños e andemos todos con dores de lombo ou similares, e quedándonos durmidos antes de poder botar unha partida enteira ;P

en cangas

Vedes como o pasamos moi ben? Ains, que eu non quería voltar! E non fun a única, que a Z decidiu alongalas unha semaniña máis. E co papá Moucho na casa connosco todo o día, e lendo, e coloreando, e na praia... que ben o pasan as Tartarouchas na praia, e que sinxelos se fan os días en comparación coa rutina da casa...

Que listo foi o que inventou as vacacións... ogallá poidamos seguilas gozando todos.



2 comentarios:

  1. Ai qué recorrido mais fermoso!!!
    Chata si que andabades preto!!
    Lástima non vernos a Rebe vos en máis nos!!!
    Esa panciñaaaaaaa! :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ás veces non é tan bo esto de andar medio desconectada nas vacacións, cachis! :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir