jueves, 2 de agosto de 2012

Un pantalón para min

Quedei case sen roupa, estou collendo moito máis peso que nos outros embarazos e cando antes usaba a roupa normal no verán, agora vai quedando estreita, así que pensei que podía intentar copiar uns pantalóns que teño e que me resultan moi cómodos.

Busquei unha tea por casa que fose grande abondo e había esta de ikea, porque teño moitas teas pero case todas son retallos pequeniños que non valen para facer roupa nin para as nenas (agás as saias simples, que realmente é o que máis fago).

Olivia axudando

Como vedes Olivia sempre é voluntaria botando unha man cando hai folios ou teas polo chan. Neste caso, despois de descolocar a tea un par de veces acabou facendo de peso para que non se movera ;P

Na foto hai xa as dianteiras cortadas, así de enormes, para coller a gusto no pantalón, e estaba a piques de cortar as traseiras, e logo dábame medo facer a cintura. O pantalón orixinal leva unha cintura ancha con goma suave arriba de todo e logo fruncida con fío de goma, cousa que eu non probara a facer nunca e que ademáis temía que a miña máquina non quixese facer porque ten un sistema de canilla raro (a canilla métese dende arriba). Pero parece que funciona, agora vos amoso o resultado...

Este é o pantalón orixinal:

orixinal 1

orixinal 2

E esta foi a miña copia

pantalón 2

pantalón 3

pantalón 1

Totalmente ponibles, pero con "cousiñas", a saber:
- Non sei por que quedaron aparentemente moito máis anchos, supoño que unha combinación de tea máis clara, máis grosa, e pantalóns máis longos, polo tanto menos "estirados".
- Tampouco sei por que, a pesar de facer o tiro máis grande nas traseiras e deixar o oco para o cu, os pantalóns quedan mellor co de atrás para adiante :-/ Non hai maior problema, agás que a cinturiña esa ancha só ten unha costura, no medio atrás, e agora queda diante, e ademáis as costuras esas coa goma quedaron bastante tortas, pero pensaba que quedarían máis disimuladas detrás onde algunha se superpon... e agora detrás é diante no medio e medio... pero bueno, o frunce disimula moito.
- Sustituín os lazos dos orixinais no fondo das pernas por gomas, e ademáis pareceume que quedarían chulísimos sen poñerlles absolutamente nada, así de pata ancha :)
- A tea da cintura é a mesma que usei para facerlle un vestido e uns pantalóns curtos á Z. e ten a súa gracia ir semiconxuntadas.
- Non sei se serei quen de repetilos de querer facelo (e faríao cunha tea máis finiña para que fosen máis frescos) porque só fixen patrón da dianteira... e logo a L cortouno todo coas tesoiras... así imposible pulir fallos.

E xa está, un pantalón máis para poñer no verán, e moi cómodo e usable en preñez, postparto e ... despois ;)

E nenas que se apuntan á sesión de fotos cando hai disparador remoto e trípode de por medio :D

con mamá 



8 comentarios:

  1. ¡¡Ya lo creo que es apañada!! Y quedaron muy chulos, para los próximos una tela con más caída, así a lo mejor no dan la sensación de ser tan anchos. Si quieres patrón de pantalón bombacho creo que tengo un par en una revista de patrones, que no me atrevo a usar porque me impone respeto la máquina de coser (eso, y que midiéndome tendría que mezclar varias tallas y es un follón). Es ésta revista, http://diymoda.blogspot.com.es/2012/06/revista-patrones-extra-costura-facil.html.

    ¡Saludos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se eu por patróns non sei coser... nin sen patróns tampouco :DDD Grazas polo ofrecemento igualmente.
      Teño que aprender a mirar iso das caidas das teas, que lembro esa palabra toda a vida en boca de miña avoa e eu non lle dei nunca a importancia que tiña porque non comprendía o concepto... agora xa o vou pillando... só me falta identificala nas teas ;)

      Eliminar
  2. ENCÁNTAME o teu pantalón!!!! parece moi cómodo!!e suaveeeeee.....estás feita unha costureira dende logo.
    Que gusto da ver medrar esa barriguiña.
    Que tenra a derradeira foto!!!

    ResponderEliminar
  3. Qué preciosas miradas na foto coas nenas! Preciosa de verdade!
    Paréceme dificilísimo coser os elásticos. Eu non o fixen nunca. O pantalón quedouche estupendo. As imperfeccións son a súa historia, non sí?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. no meu caso as imperfecións sempre son a historia, pero eu vou máis contenta ca un cuco. :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir