viernes, 10 de agosto de 2012

Pompas

Vale, botei media hora dando voltas coa la ó redor do ariño de metal, pero visto o resultado ben mereceu a pena :)

pompas 1

pompas 2

pompas 3

pompas 4

E a pesar de que a mestura non era a ideal ata sairon pompas.

pompas 5

Receita para pasar un día de verán entretidas:

- facer un ariño de metal con mango (nós usamos arame doce que tiñamos na casa, pero ás veces as nenas recollen cables que deixan os da compañía de teléfono onde a caseta e supoño que tamén poderán valer...)
- enrollar la grosa ó redor do aro cubríndoo todo (un resto de acrílico no noso caso)
- coller unha tina e botar un cu de auga e xabrón (normalmente para os pompeiros pequenos usamos metade de auga, metade de xabrón e media culleriña de azucre, e da o pego, pero esta vez era demasiada auga e demadiado xabrón, así que botamos un bo chorro de xabrón da ducha e non saíron moitas pompas separadas, pero a diversión está no resto :) )


 A pasalo ben!


6 comentarios:

  1. ¿Qué tendrán las pompas que a todos los críos les encantan? Seguro que no pararon de jugar.

    A los míos, de vez en cuando, les enjabono la mesa de centro del salón, que tiene el sobre de cristal y con una pajita, el mayor se entretiene haciendo burbujas concéntricas y el pequeño las explota jejeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sabes que cando o papá Moucho chegou a casa falou dos recordos que tiña de facer pompas cunha palliña como contas ti? Eu non lembro facer iso na miña vida... pero a miña memoria deixa moito que desexar...
      Como sexa, penso probalo por aquí tamén :)

      Eliminar
  2. A min tamén me gustan as pompiñas de xabrón (e eso que xa non estou na idade :P) e mólame moito cando os perroflautas fan estas xigantes no medio da rúa. Vexo que as nenas o pasan ben, que envexa ;)

    Coido que a L saíuche nudista, que envexa me da ver como viven todo de forma tan natural :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non penses que a L o é moito, ela é máis de cambiarse de roupa 5 veces ó día... pero a quen non lle presta estar sen roupa? Penso que todos os nenos, se non se lles poñen trabas, prefiren estar sen roupa gran parte do tempo... eles non teñen problema en velo natural, o problema témolo sempre nós ;)

      Grazas pola visitiña :*

      Eliminar
  3. Terei que probar a vosa receita do xabrón, porque a mín nunca me saíron as pompas co mexunxe feito na casa. E moito menos así de xigantescas! Faltoume a culleriña de zucre...

    Espero que esteas levando un bon verán, que os embarazos e estas calores creo que non se levan ben...

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que se fose cunha barriga máis grande o levaría peor, de momento o problema son os ligamentos que se me afrouxan todos e danme dores por todos lados, pero as calores lévoas bastante ben. Grazas :)

      E mira pola internete receitas para as pompas, hainas máis elaboradas con glicerina e cousas así, pero nós sempre tiramos do azúcre, que unha culleriña sempre hai na casa ;) Non saen marabillas como as que veñen nos botes, pero polo menos saen :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir