jueves, 19 de julio de 2012

Detalles

Como boas irmás as Tartarouchas pasan a metade do tempo que están xuntas a pelexar, esas famosas pelexas de irmáns, que coñeceredes ben se tendes un, e que poden rematar en medio segundo entre gargalladas. Pero é que é difícil a convivencia, verdade? E na familia apréndese tanto... é coma unha escola para o mundo dende o meu punto de vista. Cando pensaba na familia que tería (hai xa moitos anos ;P) sempre imaxinaba varios nenos, en parte supoño que porque na miña casa eramos tres irmáns, pero tamén porque pensaba que estaba ben ter que prescindir de cousas materiais por outras que se aprendían tendo irmáns... (todo isto pensábao, xa sabedes, noutro contexto, agora sospeito que se as cousas siguen así prescindir de cousas materiais non supón prescindir de caprichos senón de cousas realmente necesarias para moitas familias, e iso non ten gracia :(, pero ímolo deixar por hoxe, si?).

Estas eran as teorías dalguén sen fillos, pero claro, logo chegan as nenas e ves que a metade do día son liortas seguido e que cada día (igualiño igualiño que túa nai) te ves repetindo as mesmas frases antibelixerantes (e outras pro-recolledeestedesastre, aínda que ti sexas a persoa máis desastrosa do mundo) e nalgún momento pensas se estabas certa ou non coas túas teorías...

Pero entón comezan a aparecer detalles, e as mesmas que agarran o mesmo boneco (de entre os cenmil) e tiran del para cadanseu lado infinitas veces ó día, fan cousas coma estas:

A L. ten por costume pedir moitas cousas para comer de cea ou de merenda e logo ilas deixando todas a medias, así que deixara un iogur "dos de azucre marrón" pola metade enriba da mesa e quería unhas galletas "pijas" (destas con chocolate por dentro e en paquetiños) que mercamos mooooi de cando en vez e que a Z xa estaba comendo.
- L, se queres as galletas esas remata o iogur, que non podes deixar sempre todo a medias, despois douche as galletas e se queres gárdalas para outro momento, pero o iogur non o imos tirar.
- Jooooooooooo
...
Ós tres minutos achégase a Z. a min e dime:
- Mamá, xa lle podes dar as galletas á L. Deille o iogur coma se fora un bebé e comeuno todiño. Veña, agora tes que darllas, vén ver.
E non, non era para comelas ela, malpensadas coma min, de feito á L. non lle gustaron e viñéronmas traer.
:)

Ou cando á Z. lle estoupou o grobo que acababan de darlle e non se enfadou senón que se desgustou porque "quería darlle unha sorpresa a papá" e a L. o primeiro que fixo foi alongar a man e darlle o seu.

Ou cando levo a unha soa comigo e danlle un caramelo/bombón/piruleta e ela automáticamente di: "e podo levar outro para Z./L.?"

Ou cando abren unha bolsa do que sexa que é irresistiblemente rico e ademáis coma un tesouro e a poñen no medio para ir collendo as dúas.


E cando aparecen estes detalles, pensas que as cousas non van tan mal, e que é moito o que están a aprender, que igual a túa teoría non era tan mala... e que che gusta a túa familia :)

detalles de irmás

E agora sinto a horteirada de foto, pero descubriron onte que podía volver as cousas de cores e, claro, tivo que ser rosa. A elas encántalles :)

NOTA: Os amigos Mochilinhas levan xa días de viaxe por Ucraína para repartir o material escolar que recompilaron aquí durante o ano entre os orfanatos do país. Por se queredes seguir á unha GRAN familia. Levan uns días caladiños, pero seguro que están escribindo o seu dirio de viaxe e en canto poidan compárteno connosco :)

11 comentarios:

  1. Pois si, é así tamén a nosa vida cotiá entre irmáns. Son moitas as veces que garrean seguido pero son tantas outras as que están xogando e descubrindo o mundo xuntos..... na miña casa agora están a descubrir e experimentar cos seus corpos e como son de diferente sexo pois indagan un sobre o outro e....é fantástico ver como eles soiños van descubrindo o mundo e a sí mesmos.
    Eu tamén quixera unha familia numerosa pero xa sabes, hai que contar co complementario que neste caso.....en fin. Toca gozar dos momentos e vivilos intensamente.
    Catuxa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sei Catuxa, sei, a min tres non me aprece que sexa unha familia numerosa... será unha enfermidade coma outra caluera ;)
      E xa houbo máis que me contaron o da indagación entre distintos sexos de irmáns últimamente... debe ser abraiante ter ese outro punto de vista, dos pequenos, con confianza e naturalidade descubrindo os seus corpos :)

      Eliminar
  2. Encántame esta entrada do blogue Raquel, eu de momento só teño o Xan, pero estou dexesando ter a outro pequerrecho correr pola casa e que só se escoite pelexar un co outro... un bico enorme para toda a familia dos Tartarouchos :-)

    ResponderEliminar
  3. Desta volta penso que non me confundo, e que hoxe vin pola rúa a 2 nenas currísimas que me soaba moito a súa cariña....e non teño dúbidas....eran Z e L....moi formaliñas e moi moi maiores!! unhas chicas vaia!!

    Un bico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estiveron de vacacións por vontade propia e levándose un pedazo de seu pai e da súa nai que quedou aburrida... e incríble o que enchen o tempo... pasamos os primeiros días preguntándonos: e nós que faciamos antes de ter nenas?
      E aínda non o descubrimos :)

      Eliminar
    2. E que enchen moito a vida dun....Eu estrano moito aos meus pequenos, e iso que son a súa mestra e non parín a ningún....pero vamos, que estes días de verán xa estou desexando velos.
      Biquiños

      Eliminar
  4. Son esos momentos los que más me gustan. Mis terremotos se pasan el día trasteando juntos, y de vez en cuando hay algún rifirafe por algún juguete, pero tienen esos detallitos de camaradería entre hermanos que dan ganas de comérselos (más tarde cuando la lían me arrepiento de no haberlo hecho jejejeje)

    ¡Muchos biquiños!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. jejeje, exactamente, así, arrepentíndonos de non térnolos comido cando tivemos ocasión :D

      GRazas pola visita!

      Eliminar
  5. Tes unhas fillas que son unha marabilla.
    Cando eu era pequena sempre berraba cos meus irmáns ( é o que ter ser a do medio) e a día de hoxe son as personas que máis quero no mundo (esto que non o lean, que despois o cren q calquera os atura :P ). As pelexas son boas, canto máis berran é que máis se queren ;)
    E xa verás cando chegue o terceiro e a Z. comece a ser unha mini-mami...

    ResponderEliminar
  6. Eu non teño a experiencia de ter fillos, pero recordo bastante ben a relación co meu irmán cando éramos nenos. Era amor de loucura. Agora que somos maiores ás veces algunhas tonterías contaminan a relación, pero o que me destrozaría sería perder ese cariño que temos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir