lunes, 18 de junio de 2012

Un par de saias

Foron feitas xa hai algún tempo e as fotos tamén, aínda que ben podían ser feitas agora pola indumentaria (cando vai chegar o verán?)

Para a Z unha saia de volantes, de punto, rosa e beige e cun punto puntilloso que nunca pensei usar, o que se fai polas fillas :D

saia de volantes (para a Z)

saia de volantes 3

E para que valen as saias de volantes se non é para facelas voar?

saia de volantes 2

Para a L, que veu comigo o día que fun mercar as teas, houbo que facer, si ou si, unha saia con esta tea de punto dourada que ela mesma escolleu e non quixo soltar.

saia dourada 3  
Olivia, que sempre se apunta ás fotos agás cando queres facerllas a ela

saia dourada 2

E o que máis me gusta de todo: a goma!

saia dourada (para a L)

O mellor destas saias foi pensar como se facían e que saisen ben, é certo que moita ciencia non teñen, pero a min faime ilusión igual non ter que mirar por ningún sitio. O malo de facer as cousas así é que logo podes chegar a descubrir que había mellores maneiras de facelo, o bo, que utilizas, aínda que sexa un pouco, a cabeciña.

A ver se se me quita dunha vez esta apatía e volvo facer algo, por pouco que sexa :)

NOTA: Por certo, non falei da terceira saia nas fotos, porque non é obra miña, é herdada e feita pola amiga Cris-Volvoreta, e á L encántalle :)

1 comentario:

Conta, conta...

Por se queres compartir