martes, 19 de junio de 2012

Temos pitiños!!!

Onte pola tarde apareceu a veciña na porta cunha caixa. Levaban os pitos para a aldea, así que trouxeron os nosos, de novo, inesperadamente. Déronnos un pouco de pienso para eles e improvisamos un fogarciño dentro da casa nunha caixa baixocama que tiñamos modificada de cando tiveramos a tartaruga de terra e a sacabamos ó sol sen vixiancia contínua. Total que os pitiños, que xa teñen uns vinte días apenas collen na caixa esta, así que teremos que buscarlles outra vivenda ata que os saquemos fora co resto das pitas.

na caixa

Bueno, xa, que me deixe de lerias que vós o que queredes é ver ós pitiños en condicións, non?
Aí os van:

Un negriño, que supostamente é de raza moi poñedora, e que hai moitas por extremadura... non teño máis información, pero seguro que sae guapo.



negra 3

negra 2

negra 1

Un pitiño de galiña piñeira, que é o máis grande e o máis espabilado dos tres, subinos á táboa de pranchar para que pararan un pouco e poder facerlles as fotos e xa vedes como está todo estirado chamando polos outros, e en canto fixen un par de clicks, abriu as ás e saltou.

piñeira 2

E un pitiño de suposta araucana que é o máis pequeniño e feble dos tres, e ademáis dáme a min que de araucana vai ter pouco... con moño e con cola... pero a ver se polo menos se os ovos non son azuis se son verdes... ou se pon ovos e nos conformamos!

araucana? 2

Bueno, e agora temos que agardar a saber se son galos ou pitas, e o veciño ofreceuse a cambiárnolos se eran galos xa que el ten moitos máis.

Onte tiñamos unha festa cos nenos do vecindario e chagamos tarde porque non queriamos despedirnos dos pitiños recén chegados, nin tempo tivemos con tanto estrés de facer unhas fotiños da chegada, pero temos moito tempo por diante para gozar deles.

Agora deixámosvos que temos moito bichiño que coidar ;)




4 comentarios:

  1. ¡Qué bonitos soooon! Ya sois familia numerosa de lechuzas y gallinetas, jejejeje

    ResponderEliminar
  2. Que variedade! É graciosa esta clasificación dos pitiños. A ver se crecen ben!

    Por certo, decatácheste de que tes activadas as palabrexas esas de verificación dos comentarios. Dígocho porque seica moitos os teñen activado sen sabelo e é taaaan incómodo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Téñovos que contar dos pitiños.
      E grazas por avisar do dos comentarios, a verdade é que o puxen porque aí atrás chegábanme unha chea de comentarios en xaponés ou algo así de spam, pero podo probar a quitalo a ver se xa non atacan :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir