viernes, 25 de mayo de 2012

Fomos ver @ bebé

O outro día domos ver @ bebé, a familia ó completo, incluída a avoa Olga, que viñera traer as Tartarouchas da fin de semana. Quedei contenta de que ninguén puxera pegas a que entrasemos 5 persoas na consulta ver a primeira ecografía.

O día antes, estaban xa na cama e díxenlles que había que durmir que tiñamos que ir ó médico pola mañá, entón a Z. dixo: "Eu sei como se chama o médico, é o xine ecolóxico, a que si?" :D

A L. pasou o tempo todo mirando caladiña dende o colo da avoa, o síndrome da bata branca non lle deixa tranquilizarse totalmente cando estamos nalgún médico, miraba todo en silencio.
A Z. estaba toda emocionada, a verdade é que se nota a diferencia cando van sendo máis grandes, con 6 anos víveo moito máis, enténdeo mellor e está moi implicada porque dende antes de que estivese na barriga ela xa pedía un irmán "pero que sexa un neno". O outro día non paraba de dicirllo a todo o mundo, que ela quería que fose un neno... xa lle explicamos que non se podía escoller e que sería un neno ou unha nena, e enténdeo, pero segue gardando esperanzas de que sexa o que ela quere. Púxose ó meu carón, mentres me facían a ecografía, deume a man, e todo o tempo ía dicindo: "Oh" e "Ah" e "Que pequeniño", "Parece unha boliña!". E dicíame: "Quérote, mamá" :)

Ó saír, mentres pediamos vez para a seguinte consulta, adicáronse a debuxar nuns papeis cos que lles agasallaron na consulta, a Z. debuxou isto:

xine ecolóxico


Despois a L. tamén fixo o seu comentario: "O bebé víase todo gris e eu quería que se vise de "color carne" "

:)

Como gusta vivir estes momentos con elas







8 comentarios:

  1. ¡Qué bonito! :)))) Son uns instantes irrepetibles... alédame que os do meu gremio se portaran tan ben e fixeran posible este momento tan máxico para vos, porque non é habitual que deixen pasar a tanta xente. ¡Noraboa!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non é, non, de feito mentres agardabamos argallabamos estratexias para que non nos dixeran nada: entrar eu de última,... se nos dicían que eramos moitos dicir que xa saía eu... ;D
      Gustoume que nos deixaran pasar e que ademáis lles amosamos que non pasa nada por entrar 5 persoas :)

      Eliminar
  2. ohhhhhhhhhhhhhhhhhhhh emocioneime e todo, qué bonito tartarouchinha, moitos, moitos parabéns.
    muuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuas


    (por certo, fiquei namorada do coxín de minha casinha meu lar, PRECIOSOOOOOOOOOOO)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas linda!
      (e o coxín xa sabes, sempre podes copialo ;) )

      Eliminar
  3. Aún no te había felicitado por tu embarazo!!! Espero que te vayas encontrando mejor cada día.

    Y que bonita tu niña!! Disfrútalo todo!

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir