miércoles, 2 de mayo de 2012

Cousas que pasaron

A L. adicouse a facerme estes agasallos

agasallos

agasallos

desfrazouse de papá

de papá
 
e adoptou a última moda de poñer calcetíns desparellados (por fin teñen uso todos os do monton do monstro dos calcetíns)
desparellados

Ademáis o outro día dixo que o que une a cabeza co copro se chama pescozo e pola parte de atrás "chámase cabaliño, a que si?" Bonito nome para a caluga, como é onde se monta "a cabaliño"... :)

Onte pola noite puxo uns calcetíns deses con goma por abaixo, antideslizantes, e a goma tiña forma de pegadas de animal e ademáis era bastante dura e facía ruido ó camiñar: "Mira mamá, estes calcetíns fan pegadas... porque se pegan ó chan. E fan ruido que parecen lacasitos" :D

E ademáis tivemos un aniversario que celebrar, parabéns papá Moucho! (vai vello pero non tanto, eh?)

cumpreanos

3 comentarios:

  1. Ui, ese costume de ter que facer operacións matemáticas coas candeas nos aniversarios tamén o teñen na casa dos meus sogros... Parabéns a papá Moucho.

    ResponderEliminar
  2. madre de dios!! se él ten 265 eu teño 264! que angustia!! parabens irman..

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir