martes, 10 de abril de 2012

No sofá

É tarde, as Tartarouchas xa durmen e decido que é un bo día para meterme debaixo da mantiña no sofá vendo unha película.
Entón achégome e quito o normal:
- dous estoxos de maquillaxe (por sorte non teñen nin idea de quen son os que saen nel... nin nós tampouco)
- unha tableta de chocolate
- un mexilón
- unha pera
- unha sandía
- dous ovos (un voou xusto antes de facer a foto)
- un bolso

no sofá

O normal, non? :)

1 comentario:

Conta, conta...

Por se queres compartir