miércoles, 11 de abril de 2012

Mallas

Lembrádesvos destes pantalóns? Fíxenos cando a Z tiña a idade da L agora, así que podería poñelos a L xa, pero claro, ela non quere nin ver uns pantalóns frouxos.
A mín apetecíame que os reusase, pero non vai ser, témome, e como aínda tiña un anaco desa mesma tea ocorréuseme facer mallas.

Collín unhas do ano pasado que lle quedan algo curtas pero aínda lle valen no resto e saquei un patrón co que fixen un primeiro par.

modelo mallas

mallas raias 2

mallas raias

Cando me puxen a facelas decateime de que tiñan un fallo: fixen recta a cintura pero en realidade o tiro na parte dianteira é máis curto que na traseira, así que tiven que facelos casar e como resultado fai esa bolsa por diante.

Para o segundo par utilicei outra das teas coas que lle fixera á Z daquela outro pantalón bombacho, e desta vez corrixín o patrón, así que quedou moito mellor. Ademáis probei a facer a cinturilla a parte e gústame como queda.

mallas flores 4

mallas flores 3


Nas fotos parece que está case perfeta, va que si? Pois ten outro fallo, resulta que a tea de raias ten licra e é elástica nos dous sentidos, pero a das flores non, a das flores só é elástica nun sentido, e fun eu e cortei a tea ó revés, así que as mallas sonlle ben apretadiñas, pero ó longo aínda estiran :-/
Bueno, ela ponas tan feliz, cun pouco de esforzo... sorte que lle gustan apretadas.

Merquei máis tea de punto para facer algunha máis de cara ó verán, e creo que xa non me esquezo de mirar o sentido no que hei de cortar a tea...

1 comentario:

  1. Gústame que contes estas cousas, porque parece que a todo o mundo lles saen as cousas á primeira. As imperfecións de cada traballo fannos recordas a pequena historia de como o fixemos.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir