lunes, 23 de abril de 2012

Ciclos

Moitas veces escoitei iso de que a vida son ciclos, e eu non acababa de velo agás nas "modas".

Pero hai pouco deume por mirar atrás e vin que en febreiro fixo 4 anos que nos despedimos de Silva, e agora hai só unhas semanas dixémoslle adeus a Sacho, pero ó seguir mirando vin que unhas semanas despois de despedir a Silva dabamos a nova de que a familia dos Tartarouchos aumentaba, e agora xa comezo a ver eses ciclos dos que me falaba a xente...

:)

E así, este abril, catro anos despois do anterior temos por aquí unha barriga dunhas sete semanas, así que se todo vai ben para decembro (como non podía ser doutro xeito ;P) teremos outr@ Tartarouch@ máis na casa.

De momento levo unha semaniña entre noxos e ardores, así que despois dos embarazos das Tartarouchas sen un nada de molestias por aquí xa medran as apostas a que desta vez é un neno... pero bueno, fíome da nosa intuición o 50% despois de pasar toda a preñez da L convencida de que era un neno.

E así, que andamos contentos todos. A Z. non para de tocarme a barriga e preguntar como é de grande xa o bebé e dar opcións de nomes de nena, que é onde o temos máis difícil, e case mellor que sexa neno como ela quere tamén, porque como teñamos que poñerlle algún deses nomes... comezou cos moi femininos que non nos gustan nada: Lilian, Vivian, Melisa,... e seguiu cos de todas as mascotas femininas coñecidas :D

Á L. faille gracia a cousa de ter un bebé, pero coido que a espera se lle vai facer longa e xa imaxino que non lle ha facer a mesma gracia cando chegue,... pero como xa é grande a fin de semana foi coa Z durmir soíña a casa da avoa Olga... ains, que se fai grande de verdade.

la foto-1
(foto do teléfono do tío Isma)

Nota: a acabo de ver que esta ademáis é a entrada 500 do blogue, así de redondiña,... canta vida! :)

20 comentarios:

  1. ohhh!!!! noraboa vamos ter barriga xuntas.... mola!!!!

    ResponderEliminar
  2. ¡Felicidades, Tartufamiliaaa! Qué bien, vamos a conocer a bichito tartarúgico precioso y divertido. Cuídate, nena. Muchos besotes.

    ResponderEliminar
  3. Ay... que cuando empecé a leer pensé que el post iba por otro lado!!!!! Que alegría Tartaruguiña!!!!!!!!!!!!! Además, eso de tener a los cachorros con esas edades de separación viene muy bien para no hacer "destetes" antes de tiempo... :)))
    De verdad, me has arrancado una gran sonrisa... y... un pensamiento que tenía algo aparcadillo, por cierto...
    Un cariño para tu pancita,

    ResponderEliminar
  4. Qué bien que después de las tristes despedidas lleguen noticias tan buenas. Enhorabuena!!!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa!!!!! eu cando vin a barriga co signo máis xa me imaxinei por onde ian os tiros!!! que ben!!!!
    Coida moito esa barriguiña!!!!

    ResponderEliminar
  6. aii que mal estou, que eu veía, o miraba, se falamos marinense...un x de XABARÍN :))))
    cheíña de corais!!
    http://alexghalpon.wordpress.com/2012/04/08/como-unha-necora/

    biquiños
    rosana

    ResponderEliminar
  7. Felicidades!
    Cuando Jan quería ayudar a buscar nombres para sus hermanos, me sugirió "Mario". " Que bonito" dije yo. "Y al siguiente le podemos llamar Luiggi"... sin palabras!!

    ResponderEliminar
  8. Noraboa !!.
    Noticias así alegran de verdade !!.
    Mouchiño ou Tartaruguiña dá igual. Eu digo o de sempre, que non deixa de ser máis verdadeiro; que veña con saúde.

    ResponderEliminar
  9. Bueno, bueno, bueno... Pois moitos parabéns! Que teñades todos un embarazo moi feliz e o máis cómodo posible para ti!
    E que vaia crecendo con xeito.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. Súmome a todas as felicitacións e á alegría. Noraboa familia e feliz espera. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  11. Noraboa! Que o camiño sexa lixeiriño e doado. Unha aperta. Lucía.

    ResponderEliminar
  12. Que ben,que ben !!
    Parabéns a todos ,a ver se vos viñera o neno...ou non?
    Que todo saia perfecto.Xa irás contando.
    Saúdos
    lola

    ResponderEliminar
  13. Hola!!!Hace mucho que no sé nada de ti porque estoy bastante desconectada del mudo de internet, pero al ver esta maravillosa noticia no he podido contenerme.¡¡¡muchas felicidades!!!

    ResponderEliminar
  14. Noraboa, outra mais que se apunta a familia numerosa. Que che sexa un camiño levadeiro.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir