miércoles, 21 de marzo de 2012

Vestidos de "nido de abeja"

Non foron nunca o meu estilo. Se hai anos me din que ía ter nenas e vestilas así dígolles que tolearon. Non me gusta o rosa, nin as puntillas, nin os lazos, nin os vestidos "finos", incluidos estes de "nido de abeja" (traducir isto sería totalmente ridículo, non? Vestidos de "niño de abella"? Se cadra teñen un nome en galego que eu descoñezo...).

Pero a cousa cambiou moito, teño nenas, poño lavadoras de roupa rosa, gústanlles os volantes e as "francesitas"... e non sei por que os vestidos de "nido de abeja" xa non me parecen tan terribles, supoño que en parte por certa vea nostálxica e lembrar fotos miñas de pequena con vestidos así, e outra parte porque me teñen certas reminiscencias "amish" e aprecio a parte da vida sinxela e todo se vai mesturando na miña cabeza.

paula e máis eu co avó Sindo

Paula e máis eu coa avoa Marilde

Aquí a miña curmá Paula e máis eu co avó Sindo e a avoa Marilde, a ver se adiviñades cal son eu :)

Así que se van coa avoa Carme e aparecen vestidas con sendos vestidos, feitos a man por ela hai 30 anos para a tía Lu, e felices cos seus vestidos "de princesa", pois vai a min e non é que o tolere, é que me gusta :)

 A Z

A L
O que ten posto a L xa o probara a Z anos atrás pero desta volta quixeron quedar con eles, e xa vos imaxinaredes que, especialmente a L, non o quere quitar de enriba.

E bueno, elas lóceno cun toque máis moderno e desenfadado. O domingo foron coa avoa Olga a un parque na "capital" onde a xente miraba "raro" a unhas nenas vestidas de nido de abeja, cos seus pelos sempre alborotados, e cun chandal e tenis por abaixo dos vestidos :D

irmás

E sabedes esas láminas con debuxos de nenos e nenas para as habitacións infantís ou que había na sala de espera da consulta do pediatra, concretamente unha dunha nena de perfil cun gorro e ulindo unha flor? 
Pois nós case case temos a nosa versión particular, e como as tartarouchas son máis modernas e desenfadadas en vez dunha flor hai... un bocadillo :D

coma as láminas

E estou eu pensando, despois de reler a entrada que vos enlacei máis arriba, que me gusta que este espacio se estea a convertir nunha caixa de lata de fotos e recordos :)

Nota: atopei os debuxiños que vos dicía, son de Sarah Kay

5 comentarios:

  1. Ola, encantoume ler todo isto, e ver as fotos, eu tamén tiña vestidos de nido de abeja, que se asemellaban moito a estes, pero non os levaba con tanto estilo coma a L e a Z. Qué recordos.
    A verdade é que lles quedan moi ben así, o mellor é que se ve que a elas lles mola, e a última foto chulísima.
    Ti es... ¿A do vestido de cadriños???
    A seguir pasándoo pipa! :)

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que eres a máis delgada da foto.
    A min tamén me gustan as lembranzas do pasado e decatarme de que temos parecidos cos nosos fillos.

    ResponderEliminar
  3. !Y así de esa guisa "a capital"!. O que daría eu por ver a cara de esas señoras que miran "raro" o personal e atrevido estilo das tartarouchas. Encantanme, esa foto das duas xuntas mirando de frente, e a miña favorita. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. A ver ,a ver.....a dos calcetís !!!
    lola

    ResponderEliminar
  5. Pois igual imos ter un parecido a miña curmá e máis eu, porque a única que acertou foi Merche, eu son a pequena das medias, cara redonda e vestido a cadros :)

    Grazas por probar sorte e por pasar a lernos! :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir