lunes, 5 de marzo de 2012

Primaveral

As mimosas están a piques de abrir e por aquí xa hai tempo que temos prímulas, como non, e agora empezan os narcisos e os crocus (que no paquete viña unha foto con eles de moitas cores e os meus saíron todos amarelos :-/)

narcisos

crocus en mi ventana

A veciña di que as súas codornices xa comezaron a poñer ovos, e que este ano a primavera vén con presa e anda todo adiantado... a verdade é que eu tanto non sei (aínda que me gustaría), pero o caso é que eses días a vinte graos da semana pasada a min puxéronme primaveral perdida :D

E retomei a colcha da L con ganas. Tiña a dianteira feita de había meses e parada, pero no que vai da semana pasada a hoxe fixen a traseira 

traseira

e mais o bocadillo con todos os seus imperdibles

enrugas

bocadillo

e agora mesmo está lista para ser acolchada! 

para acolchar e xogar

bueno, e para xogar :)

E estaredes vós pensando, e a muller esta que fai que para quitar as enrugas da boata pon un turbante? Pois é que a primavera veu con ganas e igual que florecen as nosas macetas pois hai máis natureza á que lle dá por florecer...

assy

Pois iso, para que quede constancia, "assí" pasamos hoxe a mañá nesta cadeira ó sol pasando o peite despois de descubrir na consulta do dentista dúas pequenas cabezas ben poboadas... de liendres. E como elas estaban xa repasadas e eu aínda non sabía o que tiña na cabeza decidín taparme ata que chegase o Moucho revisarme e non repoboar as súas cabezas mentres.
Así que esta foi a primeira (e ogallá derradeira) incursión no marabilloso mundo das liendres (piollo aínda non vimos ningún, xa vos contarei...)

Veña, e para rematar un conto da L:
Estabamos pola casa ela e máis eu e apareceu un chifre. A L apresurouse a collelo, meteuno na boca e soprou... pero apenas fixo son ningún. Entón sacouno da boca, abriu moito os ollos, miroume e díxome:
- Oh! Isto non ten batería!
 
:DDD
(a ver quen lles explica que na miña casa de pequena había unha televisión en branco e negro :D)


2 comentarios:

  1. Xa?? xa é promaveira? pois eu ainda nonteño ganas, sinto que non chegou ainda o inverno :( Pero si que é certo que é un gustazo cando comeza a quentar o sol a medio día e a brotar as árbores. A colcha está a quedar impresionante! vaia curre :)

    ResponderEliminar
  2. puffff dúas das miñas cousas favoritas flores e patchwork :)

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir