miércoles, 14 de marzo de 2012

A miña primeira chaqueta

Por fin! Exactamente ano e medio despois de comezala remateina!!

a chaqueta

Non sei que me pasou con esta chaqueta, quedei atrancada, pilloume temporadas con poucas ganas e a verdade é que co rápida que era de tecer se me fixo eterna e agora que a teño penso que ben puiden rematala antes porque creo que lle vou dar moito uso... debería tecer máis chaquetas, co que me gustan e co que as poño, penso que é a prenda de punto que máis proveito lle saco (bueno, tamén me debería prantexar facer máis calcetíns... en fin, pouco a pouco).

Fíxena na talla XL do patrón porque non me daba a mostra e ademáis fixen o corpo máis longo porque quería que me tapara ben os riles, que cos anos o frío vaime entrando cada vez por máis arriba ;P

tapa os riles

As mangas no orixinal eran tres cuartos, creo, eu fíxenas tamén longas, mooooi longas, como me gustan, para poder tapar as mans con elas :) E a chaqueta é bastante ampla, así que non me fixo falla aumentar o tamaño das bandas para os botóns como pensaba facer se o ollímetro non funcionaba.

detalle yoke

Non chego a tempo para este inverno, pero si para a primavera, e o ano que vén xa a usarei no inverno.

longo perfeto

O modelo é este de drops, e se tendes ravelry podedes mirar máis detalles alí, xa sabedes.


3 comentarios:

  1. Impresionante! que currada está. Encantame a cor, e as mangas super longas! preciosa :)

    ResponderEliminar
  2. El diseño es muy bonito, te ha quedado genial

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir