lunes, 12 de marzo de 2012

Fin de semana

Comezou así, coa L. durante 4 horas desta guisa, preparada para marchar ver ós avós, sen quitar nin o gorro nin a mochila.

imos xa?

En casa dos avós Moucho fixemos algo que a min deixoume contenta, levo moito tempo querendo facer saídas a camiñar coas nenas, pero non me tocaron das que lles gusta andar, ós 200 m. están xa pedindo colo. Eu sempre pensaba que o truco estaría ademáis de facer percorridos curtos a ver "algo", unha cousa concreta, en xuntar unha boa pandilla para que houbese máis nenos e nenas e fosen entretidos uns cos outros, porque xogando seguro que cansan menos ca andando... pero igual equivocaba a estratexia. Esta finde fixemos un percorrido duns 3 ou 4 km para ver "a pía da Moura" e volvemos percorrelos de volta. Tiñamos un obxectivo concreto e saímos en pandilla: os avós, a tía Lu, Alejandro, o Moucho e máis eu e as Tartarouchas (bueno, e Sacho, Galla e Fecha), co cal, non había pequenos para que foran entretidas coma eu pensaba, pero pola contra había unha chea de persoas dispostas a levalas "ó cabaliño", ou "a chico" como dicía a avoa Carme para que a L. lle respostara: "Avoa, que eu son unha chica, non un chico!!!", así que a verdade é que me prestou moito facer esta pequena andaina :)

andaina

antes de saír

imos aló

Unha mágoa ver o monte tan tan seco no mes de marzo.

amarelo

de camiño

e que na "pedra da pingada" non caía nin unha pinga

a pedra da pingada non pinga

Da pía da Moura tiven intención de sacarlle fotos, pero a L. non me deixou erguer así que poucas máis hai ca esta da Fecha gozando da paisaxe :)

fecha

E máis mágoa aínda que o fume non nos deixara ver o solpor, cedo comezamos este ano

fume :(

Non puiden facer tantas fotos coma me gustaría porque tiña que camiñar e cada vez que paraba logo tiña que coller os demáis, temos que saír máis para coller ritmo e poder adiantalos a todos para parar facer fotos sen perdelos de vista ;)

Durmimos todos coma nenos: as nenas, os maiores, e ata os cans.


Pero houbo máis: a primeira anduriña, soa, agardando polas compañeiras que non sei se chegarán onda ela este ano por mor duns cambios que fixo o avó, e aínda sen niño agardando de noite, pousada nun ferriño, pola compañeira.

anduriña

E saír tomar o solciño e escoitar a dous paporrubios falar, e respostar un case exactamente o mesmo son que lle entonaba antes o outro, e que ademáis trates de espiar o que tés preto na árbore e de súpeto baixe a deixarse afotar.

Atopádelo?

paporrubio

Está aquí :)

pretiño

E primavera, 

primavera
 
e nenas xogando nas pedras...

xogando

... e por fin a primeira chaqueta que fixen para min, rematada!

chaqueta

Pero xa vola amosarei outro día.


Preguntiña: Vós saídes cos pequenos de roteiros? Tendes algúns sinxelos localizados con "obxectivo final"? E tendes trucos para conseguir que camiñen?

3 comentarios:

  1. POis o noso truco, bueno o truco do Jaime, é que as rotas sempre teñen preparadas sorpresas para nós. Imos camiñando e polo cammiño hai "sinais ou pistas" que nos levan a atopar tesouriños agochados (cromos, pegatinas, chocolate, lacasitos etc....) O truco da cuestión é que o papá temse que ir adiantando por veces en carreiras para facer a maxia....e claro hai que estar un pouco en forma hehehe.
    As cancións tamén axudan mentres se vai camiñando, as adiviñas, xogar a vexo-vexo, pequenas carreiras ...en fin. a cousa é ir practicando. despois de moitso roteiros teredes unha chea de recursos...... Ánimo, que presta moito a cousa é empezar. Bicazos

    ResponderEliminar
  2. Catuxa recomendárame a Rota das Chousas, máis preto de Lugo imposible, moi sinxela para facer cos peques..
    http://riddlers-den.blogspot.com/2008/05/o-veralruta-das-chousas.html
    rosana

    ResponderEliminar
  3. As camiñadas sempre están ben pero o malo é levar aos nenos a carranchas ou a " chiculeiro " que é como din polo Morrazo e que soa parecido ao que di a avoa Carme.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir