sábado, 31 de marzo de 2012

A... durmir?

Un día tivemos un colchón das Tartarouchas a ventilar na habitación das estrelas, viñeron o veciño e máis unhas amiguiñas xogar a casa e pasárono pipa un bo rato facendo de tobogán co colchón que estaba apoiado sobre a outra cama, e logo baixaron, todos xuntiños e xogaron un rato máis abaixo.

Cando subín pola noite facer a cama...

desastre no colchón

desastre no colchón 3

desastre no colchón 2

Ningún dos 5 pequenos que había naquela habitación dixo nada, ata se fixeron os tolos cando lles preguntamos a primeira vez... seica se soltou os cordoncillo nunha das baixadas polo tobogán e logo resultou divertido seguir tirando do fío...

Camaradería. Faime gracia, pero non llelo vou dicir :)

O que non me fai gracia é ter que coser todo iso, hai xa máis dunha semana e segue no mesmo estado, a ver se mañá saco forzas...

2 comentarios:

  1. Uffff... coser esas cousas é un rollo...

    Manta zamorana?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a manta era do Moucho, así que non sei de onde veu, pero heille preguntar. O que si sei é que é de la, e que me gusta moito :)

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir