viernes, 24 de febrero de 2012

Gripe

Pillounos. De momento sálvase o papá, a ver por canto tempo.
Andamos pasando as tardes de mantiña e sofá.

mala semana

tardes de manta y sofá

Co inseparable termómetro acompañándonos a cada cuarto que nos movemos.

tarmómetro

Sorte que o Moucho nos coida ben e onte pola tarde coas nosas febres e ganas de galletas de chocolate púxose mans á masa e fixo galletas para as enfermiñas.

galletas cura gripes

Xa están facendo efecto e aprece que comezamos a remontar ;)

Voume, que teño que atender o concerto de toses en mantiña, vémonos.

4 comentarios:

  1. Pobriñas... :( xa me contou Cris que tamén collerades vos a gripe, de feito tenme prohibido aparecer pola súa casa ata que se vaian os virus de alí... Espero que vos melloredes pronto e mentras, xa vexo que o Moucho vos coida de luxo.
    Bicoooooos

    Marta

    ResponderEliminar
  2. Que vos melloredes pronto.

    Que pintaza teñen esas galletas. Por favor danos a receita.

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir