- Mami, creo que deberías coller a cámara e subir rápido e sen facer ningún ruido :)
Vindes comigo?

(non miredes o cuarto, sei que semella que acabamos de mudarnos, pero os cuartos están en contínuo cambio, e nós non temos presa porque estean amañados nin vagar por decoralos, e non, aínda non fixen o faldón da cama da Z, pénsoo cada día, pero non o fixen :) )

:´)
As dúas, sentadiñas, tapadas cun xersei de papá, a Z lendo un libro e a L escoitando... e agora que naceu unha nova lectora alédome máis ca nunca de ter unha pequena biblioteca infantil en galego na casa... para compensar :)
E para rematar, unhas frases célebres da fin de semana.
Miña tía, cando eu era pequena, toleaba moitas veces, non era daquí e non entendía que sustituisemos tantas palabras por comodíns e que tivesemos tantos: couso, chisme, chirimbolo, aparato, cacharro, cachivache,... pero a que segue gañando por goleada é couso, tan versátil ;)
Z: Onde está o couso ese de facer cousas que ten os cousiños?
L: - Mamá, teño as mans pegamentas!
- Ufff, estou axudando! Mira que quente estou, tócame a fronte!
Boa semana!

O " couso " é o máximo. Xa me dicía unha amiga murciana que como non nos chegaba con " cousa " os galegos inventabamos o " couso " porque ata falando o noso español dicimos " coso " que deixa abraiados aos foráneos.
ResponderSuprimirAs rapazas están para retratalas, si.