miércoles, 25 de enero de 2012

Estreou o vestido!!

Obviamente "o vestido marrón" non estaba limpo e quixo poñer "o novo" :)
Pero iso si "o cinto non"

23012012-IMG_9634

vestido 2

vestido 3

a veeeer

"Fixeches unha foto? A veeeeeeer"

:)

Tampouco queda tan mal, verdade? E seguro que lle vale aínda para o ano.

7 comentarios:

  1. Cousiñas bonitas! as costuras e as pequechas.
    ¿Podes recomendarme unha tenda de teas?
    Saúdos.
    Lucía.

    ResponderEliminar
  2. En Lugo? Non :( Podo dicirche as que coñezo, pero recomendar, ningunha, a verdade, pódoche recomendar que abras unha tenda en condicións ;)
    Está retales Gloria, nun callejón que vai de Concepción Arenal á ronda da muralla, a que está na rúa do teatro e outra que hai nunha paralela a Ramón Ferreiro entre o Gran Hotel e o Morango, nesta merquei a tea da traseira da colcha, era un retal e a muller é moi agradable. A da rúa do teatro non me gusta nada porque non se pode mirar e as teas on están nada accesibles, tés que ir a por algo concreto, merquei algodón para sabas.
    Onde máis entre é en retales Gloria porque o que me gusta é argallar e revolver entre as teas un rato, pero poucas veces merco algo porque hai pouquiña cousa...

    Agora abriu unha tenda de patchwork en Campo Castelo e dese tipo hai tamén na Costureira e seguro que nalgún sitio máis, pero son caras.

    Eu de momento amáñome co que vou collendo de prendas vellas ou cando vou de visita a casa de miña nai, que se podo pásome a ver que atopo.

    Se é noutra cidade se queres podo preguntar por se alguén nos ilumina :)

    ResponderEliminar
  3. Pois en Lugo non, en Ferrol que eu saiba tampouco... ai mi madriña, se ao final imos ter que montar algo!.

    Graciñas.
    L.

    ResponderEliminar
  4. Si vos coincide vir por Vigo, pódovos recomendar retales Lidia, teñen un feixe de telas a metro, e tamén retaliños a peso, mercería e varias cestas cheiñas de botóns baratiños, pero iso sí hai que rebuscar. Outra que me gusta moito e Telpes, que está en Principe, teñen cortinas, telas a metro e moita variedade en telas a peso. Tamén ten mercería e unhas dependientas encantadoras.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Chacris! Hai que aproveitar cando se vai fora, pero o malo é que ir a outra cidade entre semana para que estea aberto é complicado.

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir