domingo, 29 de enero de 2012

Domigo pola mañá

Eu coso. No seu cuarto, elas xogan tranquilas. Nada de saltar nas camas, nada de gargalladas,... Estou segura de que non hai tesoiras de por medio. Vou un par de veces e as dúas están tranquilas falando baixiño. Ademáis cada pouco a L vén onda min e faime algunha pregunta ou solta algunha frase que non acabo de fiar con nada maléfico.

E entón vén a Z e di que quere beber, que se podo levarlle auga ó seu cuarto.

- Non, señorita, vai vostede abaixo, bebe, e logo se quere pode seguir xogando, andaaaa. Veña que vou contigo.
- Joooo, é que Olivia quería beber.
- ¿¿¿??? Pois abrídelle a porta da habitación e cando teña sede xa baixa ela soíña beber no seu cacharro.
- Xa, pero eu quería darlle auga na habitación...
- Non, non lle fai falla ningunha, que despois cae, ou... oe, por que hai boliñas de pienso polas escaleiras?
- Porque lle caeron a L...

(mentres a Z bebe, e xa que estou abaixo ocórreseme que pode ser boa idea coller a cámara)

- E por que a L subiu boliñas de pienso? E por que tapas os oídos?
- Porque igual cando abras a porta berras.

:-/

Abro a porta e aparece a L en escena:
- É que quitamos a roupa e as chaquetas para ter máis sitio

armario1

armario2

- E Olivia comeu unha boliña enteira!

armario3

armario4

armario6

armario7

dentes

E entón acéndeseme outra bombilla:

- E vós que nunca queredes lavar os dentes, estádelos lavando porque tamén comestes boliñas?

jijiji

A verdade, imaxinádeo, debeu ser divertido :)



9 comentarios:

  1. Ja, ja, esto recórdame a meu sobriño, un verán que pillamos un día comendo pienso das galiñas e outro dos cochos, e cando lle preguntamos se estaba máis rico o das galiñas ou o dos cochos a resposta foi: nooooo!!! está más rico el de los terneritos!!!!

    ResponderEliminar
  2. X-DDDD A ver, que non sei se o pillei ben: ¿baleiraron o armario para meterse dentro coa gata, e comer o pienso as tres xuntas? X-DDDD De verdade, morro da risa! A quen lle fai falta xoguetes tendo tanta imaxinación! E que non se lles pode nin rifar!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sospeito que a intención primeira era que comese Olivia, pero unha cousa levou a outra :D

      Eliminar
  3. jajajajajaja por favor, son geniales tus chicas. Mira llorando de la risa estoy, me puse el traductor porque no sabía si lo estaba entendiendo bien del todo pero sí, lo estaba captando perfectamente jajajajaja

    ResponderEliminar
  4. aaaaaagh!!! pero que ideas!!!!! A mi Emilia le gusta tanto el pienso de los gatos que cada vez que sale al corral tengo que esconder en cacharro jajajaja.
    Ésta casi iguala a la sesión de peluquería. Si es que cuando están tan calladitas.......

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nosotros antes teníamos vallado el sitio donde estaba la comida con una valla de estas para bebés, pero pensamos que ahora ya no hacía falta :D

      Eliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir