Encantaríame facer pedidos especiais, a idea sobre todo de facer cousas con teas ás que lles temos aprecio gustame sobre o demáis, pero non estou segura de poder atender pedidos porque non creo que puidera cumplir coas datas de entrega, así que de momento vou poñer cousiñas que vou facendo eu por aquí, sempre podo atender ós correos se alguén me pregunta e se no momento me vexo capaz facelo e se non non.
Bueno, déixome de lerias e preséntovos a tendiña, que a partir de agora estará nun enlace na coluna lateral.
Para a inauguración temos:
Un coxín de ganchillo e coa traseira feita a partires dunha chaqueta de neno afeltrada

Bolsiños feitos con retallos de mostrarios

Incluso un aproveitando o primeiro cadrado que fixen de proba antes de comezar a colcha da Z.

Uns saquiños coa lavanda do noso xardín

Os manteliños individuais, que para min son a estrela

Un estoxo feito coas teas que me mandou a Anna

Hai algún modelo máis na tenda, pero pouca cousa de momento, agardo ir poñendo cousiñas pouco a pouco, segundo as vaia facendo.
Así que queda oficialmente inaugurada a tenda Da Tartaruga! :)
Podedes pasar botar un vistazo. Agardo que vos guste :)





Noraboa pola iniciativa Tartaruga :))
ResponderSuprimirEspero que che vaia xenial, as cousiñas que tes son preciosas e cheas de encanto.
Bicooo grande
marta
Noraboa!!! Deséxoche moita sorte :)
ResponderSuprimirNoraboa, Raquel, as cousas que tés son estupendas! Vou agora para alá a vela con mais calma. Os saquiños de lavanda do teu xardín...foi leelo e xa me veu o arrecendo!
ResponderSuprimirA ver si collo pulo para retomar a miña, que teño todo a medio facer
Boa sorte!
Gustame todo!. Un boa idea para os agasallos de Nadal.
ResponderSuprimirUnha aperta.
Pois parabéns tamén da miña parte! É todo moi chulo. Que che vaia moi ben co proxecto.
ResponderSuprimirmoita moita moitiiiiiisima fortuna co teu novo proxecto!!!!!!!
ResponderSuprimirestás chea de creatividade e beleza, ler teu blogue é sempre pra mín fonte de inspiración.
unha aperta!