
Xuro que cando subiron onda min, cun sorriso enorme na cara e a Z se quedou atrás e dixo: "L, amósalle que guapa estás", eu erguín a mirada do chan onde andaba a colocar teas, a mirei, e pensei: "que clase de peiteado lle fixo para que o pelo lle quede tan retirado da cara, e con ese aspecto... diferente?" Tardei uns intres en procesar a imaxe e entón caín no que pasara:






As fotos están trepidadas, e nin sequera estou certa de que desta vez a terapia fotográfica anti-desastres fixera moito efecto, sobre todo cando caín no detalle da cella, que obviamente non foi feito cunha tesoira senón cunha coitela de afeitar.
A perruqueira, prevendo que o asunto non me ía gustar xa varrera todo o o botara no lixo antes de subir a amosarme o seu arte. E debeulle gustar máis finalmente a barbería que a perruquería, porque o seu cabelo non o tocou, pero o da cella chistoulle.
Podemos vender a foto para ilustrar a palabra culpable no dicionario.
A perruqueira, prevendo que o asunto non me ía gustar xa varrera todo o o botara no lixo antes de subir a amosarme o seu arte. E debeulle gustar máis finalmente a barbería que a perruquería, porque o seu cabelo non o tocou, pero o da cella chistoulle.
Podemos vender a foto para ilustrar a palabra culpable no dicionario.






madre de dios! o do pelo nada... pero o da cella? que medo!
ResponderSuprimir¡Ai, miña nai!!!! ¡Menudo susto!... :( por sorte non pasou nada, pero coincido... ¡qué medo o da folla de afeitar! E vaia cara de pillas que teñen nas fotos... :)
ResponderSuprimirCoño, o do afeitado da cella menudo perigo nena :-S Eu conteiche que Alicia afeitou as pernas enteiras no verán de outubro, verdade? Que susto.
ResponderSuprimirA L. Está tan guapa co pelo curto coma con el longo, nin máis nin menos. E ata mola o corte =)
Buf, que susto debiches levar, sobre todo co da cella... Pero ¿e o conto que teñen agora pra contar cando sexan grandes, eeeh? E con probas fotográficas e todo!
ResponderSuprimirO meu curmán fixo unha parecida de pequeno, tamén con coitela nas cellas (que teima teremos de pequenos coas cellas?)
Mira que é seductor o de cortar o pelo/afeitar para moitos cativos... Teño que recoñecer que para min mesma tamén. O das tixeiras e o da maquinilla...
ResponderSuprimirO máis gracioso é o de que o varrese...
Mi ma que desfeita!!! pero bueno, o pelo medra, é certo.....jejeje, pero a verdade e que o susto non cho quitou ninguén...e digo eu...L. que boiña é que se deixa facer sin chistar non? é outra e igual chora ao ver o resultado...
ResponderSuprimirE si, eu tamén lle din para abaixo para ver como era L. antes da sesión de perruquería
Un bico
Cando hai silencio algo pasa.
ResponderSuprimirSorte que lle medra o pelo.
Parabéns para as pequenas !.
Jajajaja, vaia dúas artistas tes na casa. A pitufa está moi wapa co pelo curto.
ResponderSuprimirAgora que xa pasou o susto ata resulta gracioso ;)
Miña irmá con 4 anos tiña o pelo polo cu e cortou ascoletas por dentro da goma. jajaja. A miña nai toleara!