jueves, 1 de diciembre de 2011

Da L

Últimamente desenvolveu, ou descubriu un mundo novo a través do olfacto e pasa o día cheirando e dicindo a que ule:
- Mamá por que ules a allo?
- Porque acabo de comer unha torrada con allo.
- Ah, vale.

- Mamá por que ules mal? Tes que ducharte
- ... :-/

Tamén pasan momentos graciosos froito das súas combinacións de sílabas ó azar-
Mentres coloreaba un debuxo dunha foca veu onda a min moi leda e dixo:
- Mamá, a la foca le llamaré Fálica

Ou hai un rato, mentres imitaba á Z que estaba a escribir nun papel mentres ía dicindo en alto o que puña:
A Z: - La...
A L: ... co-pu-la-ción

Mentres iamos no coche me amosa os seus tenis, ós que lles cruzou os velcros:
- Mamá, mira o que fixen! Unha cruz!
- Si, é verdade :)
- Pois agora vou facer unha cemiteria.

Ou a famosa época dos por ques que ás veces chega a conclusións moi lóxicas.
Eu cortando cebola para facer o xantar
- L, sae de aquí que che van chorar os ollos coa cebola.
- Non, a min non me choran os ollos.
- Bueno, pois se non te choran... aiiii, a min pícanme moito!!!
- A min pícame o nariz... mamá, por que tes bágoas nos ollos?
- Porque me pican moito e entón me choran.
- Pois a min pícame o nariz e non me chora o nariz.

E así, cunha chea destas imos pasando cada día desta nena que se fai grande, porque hoxe hai tres anos que nos erguemos con todo nevado e cun bebé no colo. E xa é unha nena... non sei como pasou

grande

Pensabamos celebrar o cumpreanos das dúas xuntas, pero onte a Z. pediu que fose cada unha un día distinto, cada unha no seu espacio,... así que hoxe improvisamos a primeira festa de cumpreanos só da L, e pasouno moi ben.
Pola mañá preparamos un biscoito de chocolate que é o que máis lle gusta

cumpleaños

E pola tarde colocamos unhas banderolas, inflamos uns globos, chamamos a uns amigos, e tivemos unha festa, "a miña festa", non praba de repetir.
Non quixo soprar as candeas nin comer do seu biscoito, pero pasouno moi ben :)

candeas

3

Parabéns tartaroucha pequena!


7 comentarios:

  1. FELICIDADES!!! ya ha perdido ese aspecto de bebe, se ve más niña. Está guapisima y esa sonrisa......

    ResponderEliminar
  2. Tres aniños mi ma se parece que foi onte cando recibín aquela mensaxe as 7.00 da maña.

    Parabéns pequena L!!!!

    ResponderEliminar
  3. parabens a L..ghuapa, mais que ghuapa!

    ResponderEliminar
  4. Pois a min o cumpre de L. sempre me recordará a Cris e a henna. Moitos biquiños e parabéns!!!

    ResponderEliminar
  5. Estaba buscando o "Gustame" para o comentario de Sabela :o), a min tamén me recorda iso

    ResponderEliminar

Conta, conta...

Por se queres compartir