domingo, 6 de noviembre de 2011

6 novembro 2011

6 novembro 2011

Onte foi día de andar por fora. Hoxe tocaba día de estar dentro. E foi un día de dentro realmente bo.
Sen rifas, con papeis polo chan, recollendo, retirando xoguetes, facendo puzzles, colocando libros por cores, lendo banda deseñada (un cómic), sen rifas, escoitando xogos que reproducen a vida diaria e os medos e as solicitudes (un neno chora porque marcha o seu papá, o seu papá que lle di que non se preocupe que el nunca marcha traballar,...), tecendo, limpando, xogando, sen saír da casa e ... sen rifas. Agardo lembrar sempre este día :)

1 comentario:

Conta, conta...

Por se queres compartir